Entradas etiquetadas como ‘Nadal’

Alternativas a un Nadal sen consumo

martes, diciembre 19th, 2017

Será que as familias só poden involucrar aos seus fillos no Nadal coa lista de regalos a pedir? Creemos que non, pero que teremos que darlles algunhas axudiñas.

Desde Blognatura vos deixamos unha pequena lista e compartimos algunhas das experiencias de escolas Voz Natura que ensinan, cos seus actos, o verdadeiro valor do Nadal.

Como ideas paracompartir coas familias:

  • Involucrar aos rapaces na elaboración do xantar de Nadal.
  • Ir ao mercado e escolller con eles as frutas de estación.
  • Elaborar os propios agasallos.
  • Construir o Belén ou a árbore de Nadal con elementos que teñan na casa.
  • Estimular o intercambio e doazón de xoguetes e alimentos.
  • Colaborar con unha entidade benéfica e comprar no comercio xusto.

Como exemplos nas nosas escolas o labor da EEI San Roque que colaboran con pequenos adornos de Nadal e con calendarios para  o Mercado Solidario que organiza unha das residencias de maiores próxima a escola, ou o coro formado por uns 45 nenos e nenas do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, Viveiro que  fixeron unha pequena actuación para a residencia de maiores onde se celebrou un tradicional merdadiño solidario  e para o público en xeral que acudiu ao evento. Aquí os tendes cantando panxoliñas para entrar xa en ambiente natalicio:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Que estrategias seguides coas familias para evitar o exceso de consumo en Natal? Contádenos as vosas accións!!

Felices Festas!

martes, diciembre 20th, 2016

MerryChristmas!

Insertar un vídeo persoalizado tan clásico como Elf Yourself   ou JiJab ; unha foto da aula e os rapaces cun mensaxe en Fotor,  colgar una felicitación de Nadal no blog con Canva ou  enviar unha felicitación on-line persoalizada desde Tarjetas virtuales.

Tarefas simples que poden facer os rapaces nestes últimos días de clase, para que  publiquen as súas felicitación con desexos ecolóxicos de Nadal.

Bo Nadal e Ventureiro Aninovo!

Este Nadal, apuntáte a movida: Reciclando no CEIP Profesor Albino Núñez

martes, diciembre 13th, 2016

Reciclar é cousa de todos e constitúe a actividade de consumo responsable que máis potencialidade didáctica ten nas aulas: desenvolve a creatividade, involucra as familias e facilita a implantación de metodoloxías colaborativas nas aulas, entre outras vantaxes.

Así o explican no CEIP Profesor Albino Núñez en Ourense, onde se desenvolve unha completa campaña de reciclaxe.

Desde as primeiras horas, os “madrugadores” comenzan a reciclar no taller de “Eco Nadal”, continúan durante o recreo no taller de reciclado que se leva a cabo durante todo o curso escolar e continúan  co taller de reciclaxe  que se desenvólve despois de  comer, nel os nenos da ECOPATRULLA, OS VERDES VIXÍA, poñen os seus petos con lemas que animan a reciclar, guiados por dúas nais colaboradoras do comedor que aproveitan materiais do lixo para realizar manualidades.

A “movida” e tan grande, que até a televiión local Telemiño, participou nun taller de reciclaxe con paus e rolos de papel hixiénico nas aulas de 2º de Primaria.

Non deixedes de visitar o seu blog para aplaudir ás fantásticas obras que desenvolven!

Recursos para un Nadal ecolóxico

jueves, diciembre 17th, 2015

bonadal

A dous días das vacacións de Nadal,  deixamos no blog algunhas ideas  e recursos de actividades medioambientais e animámosvos a que compartades as vosas ideas nos comentarios deste post.

Para os maís pequechos, no rincón do ordenador, recursos interactivos sobre o Nadal, e porque non aprender como se forma a neve ou coñecer como cantan ao Nadal nos distintos países do mundo?

Para os de Primaria unha miniquest sobre a orixe dos Beléns  , aprender sobre o Nadal en Galicia, practicar o inglés con motivo destas datas, ou utilizar as patacas da horta escolar para facer estampacións.

Para Secundaria, deixámovos algunhas “Chuches TIC” coas que poidan desenvolver a súa creatividade.

E, como sempre, animamosvos a compartir coas familias nos vosos blogs de aula, lecturas medioambientais para o Nadal e a aproveitar a ocasión para ver películas sobre medioambiente.

Bo Nadal e parabéns como sempre polo voso labor!

Recicla, recicla, por Navidad

jueves, diciembre 10th, 2015

Imitando un conocido slogan de una marca de turrones, abrimos la sección de comentarios de BlogNatura a que nos mostréis las maravillas a las que nos tenéis acostumbrados en las escuelas Voz Natura: tapones, botellas,periódicos atrasados, CD´s usados, cartones de leche o de huevos….son algunos de los materiales con los que, en anteriores ediciones habéis llenado los blogs de aula.

Para colaborar en vuestra tarea  os dejamos un vídeo con ideas para elaborar árboles de Navidad reciclados,  una página con más ideas para crear adornos navideños, aunque en las páginas de Pinterest, encontraréis cientos de ejemplos de adornos navideños reciclados y de ideas para el Portal de Belén.

¿ Y qué tal animar a las familias a colaborar en la Navidad 3R en la escuela?

Así lo han hecho en la EEI Monte da Guía con sus “Familias 3R” . Las creaciones de los papás y mamás son de premio, y algunas muy apetecibles…

!!Esperamos vuestras imágenes!!

 

 

Ideas para un Nadal reciclable

martes, diciembre 16th, 2014

Xa están aparecendo nos blogs de Voz Natura as árbores de Natal. Hoxe deixamos en Blog Natura algunhas ideas para decorar con materiais reciclables as aulas e esperamos que nos deixedes novas ideas nos comentarios deste post para compartilas :

22 ideas para facer unha árbore reciclada desde “Ecoinventos.”

18 ideas de adornos natalicios con materiais de refugallo

– Renos de papel con cartón desde “As 4R”.

15 árbores recicladas desde “Decoração fácil”.

Beléns de reciclaxe desde “Bricoblog”.

-Calendario de adviento desde “El mundo del reciclaje”.

Propostas para o Nadal desde “Ensino Básico”

Sen esquecer os sempre ecolóxicos Recursos TIC para o Nadal de Blog Natura e,  o máis importante, a R de “REDUCIR” para animar aos rapaces a facer unha carta de Reis suntentable.

 

E vos… Como celebrades o Nadal nos blogs de Voz Natura?

jueves, diciembre 12th, 2013

ojd