Entradas etiquetadas como ‘mares’

Os ríos e o mar en Redondela desde “Pequesreboreda”

viernes, octubre 4th, 2013

Desde  pequesreboreda un bo inicio da campaña de este ano nos Blogs en marcha de Voz Natura.

A nosa vila é unha vila mariñeira moi vinculada a auga. Temos ríos, muíños, marismas, o porto de Cesantes… Son todos enclaves preciosos onde a auga é unha fonte de riqueza natural e vital. Imos facer un pequeno resumo dalgúns destes puntos para ter presentes no traballo deste curso.

O RÍO ALVEDOSA: nace preto do lugar de Campiño, en Cepeda, ten 9 km e desemboca na Marisma de Redondela, onde se une co mar.

rio alvedosa

A FERVENZA DO ALVEDOSA: na parroquía de Reboreda temos unha fervenza preciosa, que tentamos salvar fai uns anos pero segue sendo imposible o seu acceso por estar pechado por fincas. Está ao lado do muíño vello e un dos sitios máis preciosos da parroquía de Reboreda.
fervenza

OS MUÍÑOS DO ALVEDOSA: a parroquia de Reboreda, atravesada polo río Alvedosa contaba ao longo do curso do río cun grande número de muíños, algúns seguen funcionando hoxe en día. No catastro da Enseada de San Simón, no ano 1752 rexistráronse 36 muíños da parroquía de Reboreda, 100 anos despois so quedaban 17. Os muíños eran puntos de encontro para os veciños da parroquía onde facían festas coñecidas coma as “muiñadas”. Hoxe en día os máis coñecidos son os da ponte onde hai varias edificacións tradicionais recuperas como establecementos de hostalaría.
Estes muíños estaban ao lado do río para aproveitar a forza da auga, normalmente situados en pleno valle. Os seus muros soen ser de granito, o de mellor calidade para a parte superior e as pezas de peor calidade para a inferior.
muiño reboreda

E non vos esquezades que hoxe é o Día Internacional da Protección dos Animais .¡Contádenos que actividades levades a cabo nas vosas aulas.!

ojd