Entradas etiquetadas como ‘La Gran Muralla Verde’

Mercadillo solidario da Escola Infantil Montealto: da horta á machamba.

jueves, diciembre 20th, 2018

Hoxe é o Día Internacional da Solidaridade Humana, e desde Voz Natura queremos celebralo felicitando a tódolos proxectos solidarios que se desenvolven dentro dos proxectos Voz Natura, como “La Gran Muralla Verde” do Colexio Santa Apolonia ou “Fitas de vento”, desenvolvido por catro escolas Voz Natura (EEI Cativos, EEI Arela, CPR Santa María do Mar e EEI Montealto) con dúas escolas mozambiqueñas. Nos dous proxectos téñense enviado materias escolares  para sustentar proxectos educativos e ámbolos dous conseguiron desenvolver hortos escolares de xeito que as escoliñas de  Senegal e Mozambique podan incorporar vexetais na dieta do seu alumnado.

Neste fin, e dentro de un plan de colaboración levado a cabo polas catro escolas galegas, a Escola Infantil de Montealto participa nun mercadiño solidario no que poñerán á venta  as plantas e herbas medicinais que levan plantadas desde inicio de curso, coa  colaboración veciñal a través da donación de todo tipo de plantas,  macetas o e envases reciclados que serviron de macetas. Os beneficios destínanse a conservación e melloras das hortiñas (machambas) escolares  nas escolas de Mozambique.

 

Non deixedes de acudir!

ojd