Kiddle, o buscador infantil

Seguro que en distintas ocasións recomendéstedes algunha búsqueda na clase e as imaxes que os nenos e nenas vos mostraron non foron as máis axeitadas. O mesmo ocurre cando os rapaces preparan traballos na casa, os buscadores mostran os lugares mais visitados ou patrocinados nos primeiros lugares e, frecuentemente, non son de contido apto para un público infantil.

Kiddle ofrece ate os primeiros 8 resultados aqueles que se indican para público infantil e ten un deseño pensando nos pequenos: letras grandes, colores con maior contraste e previsualizacións máis grandes que un buscador normal.

Ademáis, ainda que filtra bastante as webs para que sexan seguras, no caso de que non sexa así permite bloquear a mán direccións de webs ou pedir que se censuren certas combinacións de búsquedas.

Unha boa nova a compartir coas familias e para usar nos blogs de Voz Natura e nos traballos de aula.