Entradas etiquetadas como ‘KaleidoLab’

Títeres reciclados no CPI de Panxón

jueves, febrero 20th, 2014

Os alumnos de Primaria do  CPI de Panxón desenvolven este curso unha intensa actividade no seu blog “Nós somos Mar”.
Entre as numerosas actividades que desenvolven dentro do programa “Ríos e Praias en boas máns”, destacamos a participación no programa do CSIC KaleidoLabs, co obxectivo  de divulgar a ciencia mariña e dar a coñecer o traballo do Instituto de Investigacións Mariñas, IIM Vigo.

A través de tres laboratorios: “Valoriz@Lab”, Dibu@Lab e Foto@Lab, os rapaces e rapazas do CPI Panxón, orientados pola profesora Pastora Astray, coñecerán a  riqueza e biodiversidade do mundo mariño  en Galicia así como o impacto das actividades humanas relacionadas con ese medio.

Aquí vos deixamos os títeres  fabricados por eles mesmos no “Valoriz@Lab” a partir de rolos de tela,  botellas, tubos e rodas , para utilizalos , despois de  elaborar o  “story board” nunha sesión gravada de títeres que voltaremos a traer ao Blog Maestro de Voz Natura.

 

Para saber máis:

ojd