Entradas etiquetadas como ‘herbas de San Xoan’

Herbas de San Xoan para rematar o curso

miércoles, junio 20th, 2018

Desde o 2009 Amancio Castro, profesor xubilado e directivo da asociaciób Vaipolorío,  recopilou  as “receitas” do “Cacho”, que é como ese chama na zona do río Gafo, ao recipiente onde se poñen as herbas de San Xoan. Así no lo conta en La Voz de Galicia.

Herba Luisa, ruda para espantar as bruxas, fiuncho, malva de olor, romeu, herba de San xoan e até fentos, herbas mediciñais e incluso algunhas velenosas  que forman parte do patrimonio inmaterial galego e que vos animamos a difundir nas escolas nesta semana previa á celebración do San Xoan.

Premede na imaxe para coñecer a fondo as propiedades das herbas, os modos de preparación e cómo se celebra este costume ancestral na noite máis longa do ano noutras culturas.

Unha forma aromática de despedir o curso, desexándovos un bo verano no que descansedes muito e no que disfrutedes pensando nos proxectos Voz Natura que ides desenvolver no curso 18-19.

Até setembro!!

ojd