Entradas etiquetadas como ‘festas’

Sábado 3 de Juño: Festa rachada en Voz Natura

Jueves, junio 1st, 2017

A que se aveciña este sábado. Toda unha comunidade de alumnos, profersores e familias celebrando un proxecto medioambiental sumerxidos en plena natureza no parque de Acea de Ama en Culleredo.

Este ano, con motivo do 20 aniversario,  poderemos ver exposicións  de temáticas recurrentes nas distintas edicións de Voz Natura, o que convirte a visita ao parque nunha enciclopedia viva do traballo mediambiental nas escolas galegas de estes últimos 20 anos. Ademaís, e como sempre, estarán as actividades deportivas e lúdicas e a merecida entrega de premios que este ano incorpora aos habituais o premio 20 aniversario, que recoñece a traxectoria dun centro educativo  con recoñecido labor ambiental que leve participando estes 20 anos no programa Voz Natura. Un excelente programa de actividades que podedes disfrutar das 11:00 ás 19:30 de este sábado.

Alí nos vemos!!

 

 

A Gran Tomatada desde o blog A Horta de Ana

Jueves, octubre 15th, 2015

Os compañeiros do Colexio Mariano de Vigo comparten coa comunidade Voz Natura a festa coa que celebraron o remate dos cultivos de verán.

A Gran Tomatada foi un momento de ledicia e de algarabía no centro educativo na que colaboraron os alumnos de 1º de Bacharelato.

Os nenos e nenas  disfrutaron  moito dos productos da colleita como podedes ver nesta imaxe:

Unha excelente  iniciativa na que a rapazada ve recoñecido o seu labor con un costume tan importante para os galegos como son as festas e que servíu para desenvolver algo tan importante para a comunidade escolar  como  é a colaboración entre etapas educativas.

Parabéns pola iniciativa!

Por certo, non deixedes de visitar A Horta de Ana   e disfrutar das actividades que nos mostran.

 

ojd