Entradas etiquetadas como ‘ferias de ciencia’

As ferias de ciencia

viernes, abril 6th, 2018

Chega o bo tempo e con el a proximidade das ferias de ciencias. Desde a macro-feria do Día da Ciencia na Coruña até a veterana e excelente feria de ciencias do IES Porta de Agua de Ribadeo cuio propulsor, Antonio Gregorio comparte xenerosamente unha wiki  Feria de ciencias na que recolle as principais ferias científicas de Galicia, España e internacionais.

Na wiki, podemos encontrar non só as boas ideas de compañeiros de outros centros ou información sobre as principacias ferias científicas, senón que tamén podemos encontrar interesantes recursos, documentos, tipos de montaxes etc, subidos polo propio Gegrorio ou dispoñibles na rede.

Lembramos tamén outras ferias de ciencia de centros Voz Natura como a Expociencia do Guillelme Brown en Pereiro de Aguiar,  o IES Alfredo Brañas de Carballo, o IES nº 1 de Ribeira,  Ciencia&Cía do Colexio Santa María do Mar na Coruña ou a próxima Open Science do IES David Buján en Cambre na que ainda estades a tempo de apuntarvos.

O consello de cultura galega publicou tamén unha interesante publicación sobre o papel das ferias de ciencias  no desenvolvemento de vocacións científicas, que podedes ler aquí.

Grazas  Antonio en nome de toda a comunidade de profesores de Voz Natura

Ferias de ciencia

jueves, abril 14th, 2016

Abril é un mes de intenso traballo nas escolas Voz Natura. Ademáis das tarefas da horta, hai que comezar a preparar a festa de fin de curso  e a multitude de feiras escolares de ciencia e eventos de divulgación científica que  acontecen nestes meses.

Neste enlace comparten a organización  didáctica de unha feria e na wiki  Experimenta  podemos consultar ideas de actividades.

E para que vos animedes a participar nos distintos eventos e difundir o voso excelente labor en Voz natura, convidámosvos a visitar a experiencia do colexio Guillerme Brown na  XVII Expocerca,

ojd