Árbores bioinvasoras no río Tea, verdade ou ficción?
martes, octubre 9th, 2018Desde o colexio Santiago Apóstol de Ponteareas, comparten connosco un excelente exemplo de traballo disciplinar en Matemáticas e Medio Ambiente.
O título do post fai referencia a unha investigación estatística desenvolvida polas alumnas de 3º de ESO Laura Carballido e Marta D. Mera.
Enmarcado na III Semana das Ciencias de Ponteareas, presentaron a súa ponencia no Congreso do alumnado “Futuras/es investigadoras/es”, un traballo estatístico co que cuantificaron o número de árbores invasoras nun tramo do río preto de Ponteareas co fin de concienciar do impacto que xa están a ter no ecosistema. Tamén presentaron o seu traballo en Galiciencia.
Podedes visualizar a súa presentación premendo na imaxe;