Entradas etiquetadas como ‘espazos protexios’

No Colexio Balmes

viernes, febrero 22nd, 2013

O vindeiro 1 de marzo, o Colexio Balmes  leva aos seus alumnos a limpar os areais, tomando xa unha actitude proactiva de cara á próxima edición de Voz Natura: “Ríos e praias en boas mans”

Nestes días, moitos de vós tedes a visita do comité científico, asíq eu aproveitade para facer as dúbidas que teñades e inscribídevos na convocatoria que remata o 15 de marzo.

Mentras tanto, xa podedes ir tomando ideas do traballo que comparten connosco  os compañeiros do Colexio Balmes.

mapa das Praias de Testal e Boa

 

Será unha actividade onde participaremos moitos: alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria e alumnos de Secundaria. Tamén virá a Cruz Vermella de Noia, que participa en Voz Natura e este curso programamos a actividade da limpeza de praia de maneira conxunta.

Onde

Praia de Testal e Boa grande e Chica, concello de Noia.
O 1 de marzo pola mañá. Ver marea en meteogalicia. Que forma parte do espazo natural protexido “Esteiro do Tambre”.

Enlace ao mapa topográfico da zona do Esteiro do Tambre, “LIC” lugar de Importancia Comunitaria, onde se atopan as praias que imos limpar.  “O 73% da área do LIC está ocupada por hábitats mariños e marítimo-terrestres, cunha superficie de augas mariñas de 1.062 ha, na súa maior parte sobre fondos de menos de 10 m de profundidade, mentres que arredor dunha quinta parte abarca o curso baixo do Tambre, augas arriba da influencia das mareas, ao longo duns 6 km.

Quen colabora.

Colabora o Concello de Noia e a Confraría de Pescadores de San Bartolomeu de Noia. O Concello enviará medios para a recollida de lixo e a Confraría enviará o tractor para recoller as bolsas cheas.

ojd