Entradas etiquetadas como ‘Eficiencia enerxética’

Celebramos o Día Mundial da Eficiencia Enerxética co CPI de Panxón

martes, marzo 5th, 2013

Non é a primeira vez que traemos as  propostas do CPI Panxón ao BlogNatura. De feito, o seu proxecto, “Do pedernal á Fusión” , xa ocupou varios post pola calidade e rigor dos seus traballos e recursos.

Nesta ocasión, co gallo do Día da Eficiencia Enerxética,  convidámosvos  a coñecer o seu programa de actividades: desde pequenas investigacións ambientais e murais  até obradoiros para elaborar limpadores ecolóxicos e unha bicicleta para xerar enerxía.

Para celebrar xuntos este día convidámosvos a compartir as vosas  propostas didácticas  nos comentarios deste post. De seguro que tedes moitas.

Premede na imaxe para coñecer o programa do CPI Panxón para o 5 de marzo  e disfrutade do contido!!Captura de pantalla 2013-03-03 a la(s) 22.12.36

5 de Marzo: Día da eficiencia enerxética

viernes, febrero 15th, 2013

Cada 5 de marzo celébrase o Día Mundial da Eficiencia Enerxética,  unha data que nesta edición do programa cobra un sentido especial.

Como ben sabemos nos blogs de Voz Natura, a búsqueda da eficiencia enerxética non implica unha disminución da calidade de vida, senón á obtención de bens e servicios enerxéticos con menos recursos. Boa mostra de esto son os exemplos de coxeración, reciclaxe e de consumo intelixente que ides mostrando nos blogs..

Tantos  e tan variados exemplos que, desde Blognatura,  ocúrresenos que, unha vez que xa tedes concienciados aos rapaces, podedes animalos a compartir nos blogs do proxecto as súas ideas en prol da eficiencia enerxética.
Convidámosvos a que deixedes nos comentarios deste blog as ideas e propostas que consideredes máis efectivas e orixinais.
Xa sabedes que unha mente científica non só argumenta e racionaliza, senón que crea!!

N.B: No link do intef que fai referencia á celebración, nos deixan tamén multitude de recursos didácticos para traballar o tema.

ojd