O samaín en Alternactívate

 

bruxiña

Como falta moi pouquiño para celebrar o Samaín, estamos facendo adornos terroríficos para decorar o cole. O primeiro que fixemos foi esta bruxiña utilizando materiais de refugallo como: botes de actimel, lápices vellos, caciños do leite dos bebés, restos de papel de seda de varias cores, lazos, etc.

 

 

A continuación vos explicamos todo o proceso:

 

1º) Pegamos con alkyl, trociños de papel de seda negro e rosa ou laranxa nun bote de actimel.

 

 

 

 

2º) Cun caciño do leite de bebés facemos a cabeza da bruxa pegándolle os 2 olliños, un mechón de cabelo feito con rafia e debuxándolle con rotulador permanente a boca.

 

 

 

 

 

 

3º) Recortamos un círculo e un triángulo de cartolina negra para facer o pucho e, despois botámoslle purpurina para que brile moito.
4º) A mestra une o pucho á cabeza e a cabeza ao corpo utilizando silicona quente. Tamén lle coloca un lazo no pescozo para disimular a unión.
5º) Por último facemos a vasoira reciclando lápices vellos e papel de seda amarelo. Cortan unha tira de papel de seda con flecos e a enroscan no lápis. Cando está terminada pegase ao corpo da bruxa.
Así de contentos estabamos todos coa nosa bruxiña: