As sebes
Viernes, febrero 18th, 2011Defínese como: seto vivo de árbores e arbustos para o peche de fincas e herdanzas.
Dan lugar a unha paisaxe de campos pechados, que se estende ao longo de toda a fachada atlántica de Europa, mesturado ás veces coa paisaxe de openfield, propia das zonas máis húmidas no centro de Europa e as Illas Británicas.

As parcelas de labor, en Galicia, son compactas, de pequeno tamaño, adaptadas a complexa topografía do solo e a auga. Os cultivos destacan pola súa variedade, nunha aparente desorde, rotando entre prados e barbeitos. O bosque desaparece como tal e pasa a quedar espallado en pequenas parcelas ou a ser trasplantado aos límites das mesmas formando as sebes. Termos como valado, cómaro ou comareiro forman parte desta paisaxe.
A súa orixe é dobre: unha protección dos cultivos contra o gando e un límite xurídico que demostra, reforzado pola sebe, a propiedade individual e a dispersión do hábitat. Tras moitos séculos de asociación coa actividade humana, forma parte dun ecosistema, que serve de refuxio a gran número de especies de aves, roedores, réptiles e outros animais que o utilizan como corredor verde.
A vexetación da sebe
O abano das árbores e arbustos que forman a sebe é moi amplo, formado por salgueiros, ameneiros, loureiros, espiños, vieiteiros, e madreselvas (moitas asociadas á auga) e outras especies que marcan as fincas: nogais, abelleiras, carballos, castiñeiros, acibros, …).
Nas zonas altas, na montaña, e tamén na beira do mar, chaman sebe aos cercados de pedra e ramas espiñentas que cerran unha propiedade ou a protexen do gando e o vento.
Xestión da sebe
Durante séculos estas árbores deron ramallos e leña, madeira para a casa ou para a venda, mantendo a sua configuración e a sua función. Na actualidade, a medida que se reduciu a atención á agricultura e á gandaría, o abandono comeza a degradar as sebes. A falta das rozas anuais e cortas periódicas, a sebe foi gañado espazo e frondosidade coméndose ao prado e ás leiras, cunha baixa no seu rendimento e un alto risco de queima. Os troncos das árbores vense colonizados polas hedras e caen co vento, desfacendo o ecosistema sen máis alternativa que as silvas e o caos.
- Di o vello refrán:
“Unha sebe tres anos dura,
un can tres sebes;
unha besta tres cans;
un home tres bestas”
Xanrozo (1792-1797). Papeletas dun dicionario galego.
- Unidade didáctica: A paisaxe. Caderno de educación ambiental
- Le Bocage: Balade dans une mosaïque verte… (sur le web Aascalis).
- Agricultural Revolution: Openfield system (in PDF).
¿Como anda a cousa pola vosa zona? Contádeo no blogue.
Para entender la biodiversidad hay que comprender algunos términos que forman parte de su lenguaje. Estos términos, por analogía, nos pueden servir para explicar cómo la biodiversidad está dividida y a la vez interrelacionada formando un todo.