Entradas etiquetadas como ‘Día das Letras’

Antonio Fraguas, etnógrafo

jueves, mayo 16th, 2019

O Día das Letras de este ano adícase a Antonio Fraguas, mestre, arqueólogo, xeógrafo, biógrafo e historiador pero, sobre todo, etnógrafo.

Fraguas foi un estudoso do patrimonio cultural galego que tantas veces traemos a Blognatura: xogos infantís, literatura oral, Entroido, Nadal… non en van foi un dos creadores da Escola de Etnógrafos xunto con Risco, Filgueira ou Xaquín Lorenzo ( Xocas).

Precursor e primeiro director do Museo do Pobo Galego en Bonaval (Santiago). Precisamente desde alí comparten este unidade didáctica sobre Antonio Fraguas con actividades para todos os niveis educativos.

Desde aquí destacamos o amor que Don Antonio mostrou sempre pola Natureza Galega convidándovos a ler  no Día das Letras, un discurso lido por él na Real Academa Galega.

Premede na imaxe para descargalo.

Día das letras con amor a Natureza

miércoles, mayo 16th, 2018

“As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos”  con esta frase, unha das mais coñecidas de  María Victoria Moreno a escritora homenaxeada mañán no Día das Letras Galegas e Día do Reciclaxe.

Unha frase que reflicte ben o traballo que os educadores e educadoras de Voz Natura facedes na aula e que tamén está  gravada na placa que o concello de Pontevedra colocou en 2006 na ponte da Avenida de Vigo. como homenaxe a unha das autoras de máis calidade da literatura infantil e xuvenil galega.

Aquí vos deixamos unha recopilación de recursos sobre a autora e a súa obra do Portal da Língua e, como grande amante dos animais e da Natureza que era a autora, podedes premer na imaxe para disfrutar dunha animación  de Primavera das Letras.

ojd