Entradas etiquetadas como ‘Día da muller’

Severn Suzuki na EEI Barrionovo

Jueves, marzo 16th, 2017

Aquí están os pequechos de Barrionovo atentos á historia de Severn Cullis-Suzuki  a nena que silenciou durante 6 minutos aos representantes da ONU explicando as inquedanzas mediambientais dos xóvenes do planeta. Unha boa forma de celebrar o Día Internacional da Muller e unha aproximación á conciencia ambiental desde os primeiros anos.

Parabéns pola iniciativa para o blog Pés Verdes!

Axenda pola igualdade desde o CEP Xosé Neira Vilas

Martes, marzo 11th, 2014

O alumnado de 4º curso do CEP Xosé Neira Vilas de Peiteiros  ven de participar nun proxecto sobre igualdade de xénero, promovido polo concello de Gondomar para os centros da contorna. Os  nenos e nenas, da man de Nat, a súa monitora, aprenderon sobre o respecto, a convivencia, a tolerancia, en definitiva sobre a importancia do que a igualdade significa para todos e todas

Ao remate do traballo efectuado, plasmaron nun debuxo as súas impresións sobre o tema. Os mellores deseños recolléronse nunha fermosa “Axenda pola igualdade” que o o alcalde  e a concelleira de igualdade  entregaron aos nenos e nenas no colexio.

Parabéns !!

ojd