Entradas etiquetadas como ‘dereitos do neno’

Dereitos do neno ao ar libre

martes, noviembre 20th, 2018

No 2016, na cidade de Texas en Austin, aprobou a  Declaración de dereitos dos nenos e nenas ao ar libre, un dereito que para muitos de nós na infancia nin siquera reclamábamos porque tiñamos a sorte de disfrutalos.

Nun día como hoxe, no que se celebra Día Internacional dos Dereitos do Neno, desde Blognatura apelamos a esa ducia de dereitos dos que carecen moitos  nenos e nenas pero dos que disfruta habitualmente o alumnado de Voz Natura.

1- Trepar a unha árbore 2- Pescar un peixe 3- Facer picnic nun camping 4- Camiñar tras pegadas 5- Pasear en bici
6- Batuxar nun regato ou nun río  7- Descubrir plantas e vida silvestre 8-Xogar coa lama e coa area 9- Mirar ao ceo nocturno
10- Perseguir a un vagalume 11- Plantar unha semente e vela medrar 12- Colleitar e comer unha fruta ou unha verdura

ojd