Entradas etiquetadas como ‘cradle to cradle’

Cradle to Cradle (Do berce ao berce)

jueves, abril 12th, 2018

O protocolo e distintivo  Cradle to Cradle (do berce ao berce), é  un principio que concilia á economía coa ecoloxía.

Os seus impulsores, o arquitecto e deseñador industrial William McDonough e o su socio, o químico alemán Michael Braungart, decidiron unirse para difundir que a sostibilidade é rentable e que o lixo é alimento.

A  idea é sinxela:Na Natureza non hai residuos, todo o material volta á Terra sen engadir ningún compoñente tóxico, senon que os ciclos se fechan.  Así,  tódolos materiais que utilicemos en fabricación deben ser nutrintes técnicos (plásticos, cristal o metais) que se se poden reutilizar ou reciclar, ou nutrintes biolóxicos, que se poden compostar como madeira ou algodón.

 En verde os nutrintes biolóxicos e en azul os técnicos.

A idea de McDonough, como veredes na charla TED de abaixo, difiere  da dos ecoloxistas tradicionais xa que non aboga pola reducción do consumo, senon por unha  nova revolución industrial: a reinvención de procesos industriais na que todo poda reutilizarse, tanto porque volte a terra ou porque poda ser reciclado unha e outra vez.

Como exemplos, tecidos comestibles, arquitectura cero consumo, mobles e un largo etcétera.

Para saber máis: Documental Cradle to cradle

ojd