De Congreso en Congreso…cienciacional!!

Aproveitamos a imaxe da mascota Voz Natura do CPI Alcalde Xosé Pichel  para ilustrar o labor dos mestres e mestras do programa  que comparten experiencias en distintos eventos educativos, facendo medrar día a día á árbore da educación ambiental. No que vai de curso, xa estivemos representados nas xornadas “2012 Ano Internacional da enerxia sostible para todos” onde O CPI de Panxón e o Colexio Guillelme Brown de Ourense mostraron os seus traballos en educación ambiental.

Oa máis pequenos da casa participaron activamente nas I Xornadas educaBarrié de experiencias de ciencia en Infantil , onde compartiron o proxecto «Pepe, o  marciano que descubríu ás arbores» da EI Nazaret, «Os pingococos científicos de Casalonga» ou Peques Reboreda ,entre outros.

En Galiciencia volvemos a atoparnos con proxectos mediaomabientais do  Colexio Guillelme Brown de Ourense e do Colexio Alborada de Vigo.

Para rematar este novembro de congresos visitamos o XXV Congreso de Enciga onde se  compartiron experiencias do CRA de Rianxo, Pio XII e outros.

En resumo, un mes de intensa actividade no que os centros Voz Natura compartiron experiencias e bon facer. PARABÉNS!!

Contádenos nos comentarios os congresos ou xornadas as que asistides para poder compartilas!

Xornadas «2012 Ano Internacional da enerxia sostible para todos»

Os días 26 e 27 de outubro vanse desenvolver  as xornadas «2012 Ano Internacional da enerxia sostible para todos» no CEIFP Politécnico de Santiago.

As xornadas teñen como obxectivo  profundizar no concepto de enerxía sostible desde o punto de vista  científico,  empresarial e institucional e mostrar recursos e boas prácticas escolares.

Voz Natura toma un papel relevante nas xornadas coa intervención de Marcos Maldonado do Comité Científico que falará das ctividades de divulgación de fomento da enerxía sostible dende os museos científicos e coas ponencias de catro centros emblemáticos do Programa, O CPI de Panxón e o Colexio Guillelme Brown de Ourense,  aos que animamos a compartir a experiencia nos seus blogues de proxecto, e o CEIFP Someso  e o IES Universidade Laboral  que participaron no programa do ano pasado.

Descargade  o  programa das xornadas e animádevos a participar e compartir cos compañeiros e compañeiras da comunidade docente de Voz Natura este momento de encontro e profundización no lema central da edición 2012 do programa Voz Natura.

Aínda quedan prazas libres, polo que podedes inscribirvos en www.edu.xunta.es/fprofe