Entradas etiquetadas como ‘conciencia ambiental’

Na noite de San Xoan, non fagas o que todos fan.

jueves, junio 20th, 2019

Ainda que sabemos da sabiduría do refraneiro popular, esta vez damos a volta ao refrán “Na noite de san Xoán, fai o que todos fan” ate que o que se esta festa se converta nun exemplo no cuidado das praias galegas.

Estamos cao teima de tódolos anos, moito traballo durante o curso para remover a conciencia ecolóxica do alumnado e a importancia do cuidado da casa común, e chega  o San Xoan e as praias acaban cheas de residuos que, muitas veces van parar ao mar.

Expresións como “Imos queimar os apuntes de todo o curso na fogueira de San Xoan”, ou imaxes do “día depois” como a que nos mostraba La Voz de Galicia o ano pasado e que ilustra este post, fannos dubidar dao impacto do noso traballo.

E si lle damos a volta a esta situación ?

Convidámosvos a levar hoxe o debate a aula e a programar cos rapaces accións sinxelas de cuidado medioambiental para esta noite que se integren na festa e os fagan sentir felices tamén ao día seguinte.

Como ideas:

  • Levar cada un unha bolsa para recoller o lixo selectivamente.
  • Pintar as camisetas con mensaxes que animen a deixar limpias as praias.
  • Utilizar os materiais que os concellos poñen a disposición dos cidadáns para queimar e non deitar no lume materiais contaminantes.

Seguro que podedes darnos máis ideas e que os rapaces dan algunhas que nos sorprenderán.

 

ojd