O carnaval é un dos elementos mais vivos do noso patrimonio inmaterial e tamén unha das festas mais celebradas nas escolas.
Unha boa forma de optimizar o rendemento didáctico desta festa, pode ser combinar patrimonio, recursos para o aula e o propio proceso de elaboración da máscara e complementos.
Así, nesta ocasión traemos un material didáctico que ten como obxectivo coñecer e disfrutar dunha das celebracións máis emblemáticas, os Xenerais da Ulla, desde a súa páxina oficial:
- Unidade didáctica para educación infantil e primaria
- Caderno didáctico para educación infantil
- Caderno didáctico de nivel 1
- Caderno didáctico de nivel 2
- Caderno didáctico de nivel 3
Como podemos celebrar un carnaval de este estilo na escola e facelo desde o punto de vista da reciclaxe?
Aquí van algunhas ideas:
- Chapeu de cartón
- Plumas a partir de botellas de plástico
- 30 disfraces usando material de refugallo, algún deles pode servir para o noso obxectivo.
Contádenos como celebrades o Antroido e o publicaremos en Blognatura!!