Entradas etiquetadas como ‘booktubers galego’

Ambitubers Voz Natura

martes, febrero 20th, 2018

Están de moda. Como vertente literaria dos “book hauls” (aqueles rapaces e rapazas que promocionaban en Yotube as suas compras) , os booktoubers comparten os seus gustos literarios na rede, tanto para mostrar as súas preferencias de lectura, como as súas manías cando os colocan na estantería,as portadas favoritas etc. E non con pouco impacto, algúns deles teñen máis de un millón de seguidores!

Traemos ao blog a unha booktubeira galega:

embedded by Embedded Video

 Marabillosa, non si?

O que está claro é que os xovenes son fans dos vídeos e nós tamén podemos aproveitar este tirón para animalos a compartir as suas lecturas medioambientais e indo un pouco máis alá:

Que tal animalos a compartir en vídeos cortiños feitos por eles o seu labor polo cuidado do medio ambiente xa sexa como estudante ou como cidadán?

Probemos, seguro que nos sorprenserán como sempre.

E para integralo na programación de aula desde A profa , a páxina web de Pilar Ponte, nos deixan este fantástico recurso con rúbrica de avaliación incluida.

Esperamos o voso feedback!!

 

ojd