Entradas etiquetadas como ‘auga recursos educativos’

22 de Marzo Día Mundial da Auga

martes, marzo 20th, 2018

Din que un dos tres días mundiais con máis repercusións nos países latinos e Portugal é o Día Mundial do Auga. E non é para menos, se atendemos ao estado dos recursos hídricos do planeta, ao estrés hídrico que afecta á seguridade alimentaria e a vida no planeta.

Este 2018 a campaña versa sobre o papel fundamental da natureza para enfrentar o problema mundial da auga co slogan: ” A respota está na Natureza” e intenta comunicar aa  importancia de por en práctica solucións como reforestar maglares,  restablecer a conectividade dos sistemas acuáticos,etc.

Desde a páxina da celebración nas Nacións Unidas, podemos acceder a innúmeros recursos que poden ser moi útiles na aula medioambiental para tratar o tema, tanto de un punto de vista cuantitativo como de sensibilización e divulgación.
Vamos a utilizala neste post para traballar distintas competencias:
1- Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía: Análisis de un gráfico sobre usos da auga como o que se mostra debaixo,  tratamento de datos estatísticos de AQUASTAT ou cálculo da pegada hídrica.
Fonte:

2- Competencia en comunicación lingüística: Lectura e debate sobre novos medios de irrigación climánticamente intelixente.

3- Competencias sociais e cívicas: Xerar unha ampaña de ciencia cidadá para denunciar e xeolocalizar “fugas de auga” na cidade.

4- Conciencia e expresións culturais: Recopilación de cantigas sobre auga e versionado a rap.

5- Sentido da iniciativa e espíritu emprendedor: Campaña sobre consumo sostible da auga con concurso aos mellores slogans como a famosa campaña de Denver ou unha campaña en Twiter para traballar de paso a competencia dixital.

Seguro que vades a desenvolver muitas ideas, asi que animarvos a compartilas copiando a URL nos comentarios!

ojd