A importancia de ser abella

Anton Janša foi profesor de apicultura  na corte dos Habsburgo en Viena e é considerado o precursor da apicultura moderna, para él as abellas eran os insectos máis preciados da Terra e, na súa honra, se celebra cada 20 de mayo esta efeméride.

As abellas e outros animais como as bolboretas, ou morcegos, son fundamentais para a polinización e do seu equilibrio depende a supervivencia  de moitos ecosistemas.Como alertaba Einstein “se as abellas desapareceran da faz da Terra, a humanidade poderia sobrevivir nada máis que catro anos. Sen abellas non hai polinización, non hai reproducción da flora, sen flora non hai animais, sen animais, non haberá raza humana.”

A utilización de pesticidas e determinados abonos, a apicultura intensiva e a introducción de especies invasoras como as velutinas, constitúen uhna forte ameaza para as abellas, e se estima que máis de 10 millóns das colmenas desaparecerán en 6 anos.

Contra esto, medidas radicais como “as superabellas” o desenvolvemento da agricultura biolóxica, e control das enfermedades e desaparicións masivas con novas  ferramentas de diagnóstico e novas estratexias de prevención de enfermedades  que consigam prevenir o Síndrome do Colapso.   como as que se están a desenvolver no proxecto europeo Bee Doc.

Un problema que vimos traballando desde hai anos nas escolas Voz Natura e ao  que deberíamos adicar polo menos unha semana nas aulas.

Como recursos, os aportados na páxina da Unesco , como acción apadriñar unha colmena en ecocolmena, e como exemplo, o labor do colexio Santa Apolonia, que recuperamos da videoteca de Blognatura.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

 

Vista Alegre News: As abellas

Unha vez máis, desde o plató das aulas de Primaria  do CEIP Vista Alegre de Burela, os nenos e nenas de 3º de Primaria relatan a vida e características das abellas.

Utilizando a técnica de croma en vídeo e  con conexións en directo ao Museo da Mel, comparten connosco este vídeo:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt