Entradas para la categoría ‘Cuidemos o Monte’

Benvida ao blogue do CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela

jueves, noviembre 29th, 2018

Presentámosvos e saudamos a un novo integrante da blogosfera Voz Natura: o blogue do CEIP Plurilingüe Vista Alegre de Burela, Lugo.

Unha bitácora que “engancha” desde a primeira lectura, polos espazos onde desenvolven o Proxecto Documental Integrado (PDI) do centro: “Miramos polos nosos montes”, polas saídas ao monte, polo traballo científico de identificación de cogumelos e polo tratamento xornalístico das novas ambientais.

Aquí vos deixamos o primeiro documental  adicado ás vespas velutinas que chamaron VISTA ALEGRE NEWS  e co que inauguramos unha nova categoría en Cine Natura, “Producións propias”. Parabéns polo excelente traballo e esperamos que nos enviedes todos os programas!!

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Preparando motores: Recursos didácticos sobre montes

martes, junio 12th, 2018

Blognatura surxíu como un apoio ao labor do profesorado participante en Voz Natura. Non só para visibilizar as boas prácticas, senon tamém para servir de repositorio de recursos didácticos.

Co curso a piques de rematar, deixamos neste post catro recursos selccionados para abordar o tema central da edición 18-19: Os Nosos Montes.

  1. Para comenzar, animar a utilizar o entorno próximo para facilitar unha aprendizaxe situada e significativa a través da elaboración de percursos didácticos polos montes. Desde a páxina de educación do Goberno Canario compartimos un bo exemplo de percurso  didáctico polo monte.
  2. Para afondar no monte veciñal, esta fantástica proposta do Museo do Pobo Galego.
  3. Se queredes sumarvos a un proxecto xa en marcha, Montentérate da Consellería do Medio Rural e do Mar e a mellor opción. Materiais moi estructurados en cinco unidades didácticas sobre os nosos montes dirixido a Primaria e ESO.

Animádevos a compartir máis recursos  sobre o monte para a biblioteca Blognatura.

Os nosos montes

martes, marzo 13th, 2018

Este é o lema da 22º edición de Voz Natura que se centra na preservación e cuidado dos montes. O obxectivo é dar cabida a todos aqueles proxectos destinados a protexer, recuperar e por en valor a riqueza forestal galega, conservar  a súa biodiversidade e sensibilizar á sociedade sobre a problemática dos incendios forestais.

O día 15 termina o plazo para inscribirse no programa, e nos, desde Blognatura, como sempre nos animamos a mostravos  tres proxectos e recursos que poden orientarvos.

Desde el CENEAM A Biodiversidade e o Monte de Ribavellosa

Desde Canarias Co Monte non me descuido  e Incendios Forestais

Autoprotéxete con Proteliña

Por último, non esquezades todos os consellos que comentamos no curso de inicio de curso para presentar os proxectos.

ojd