Entradas para la categoría ‘Ciencia Cidadá’

Ciencia na rúa 2019

jueves, abril 25th, 2019

O sábado 4 de maio xúntanse no parque de Santa Margaraita na Coruña, centros educativos de todas as partes de Galicia e distintas institucións para celebrar a XXIV edición do Día da Ciencia na Rúa.

Os centros Voz Natura participan habitualmente nesta convocatoria na que ademáis de sacar á rúa a ciencia que se fai na escola, colabora a desmitificar a ciencia e a presenta á cidadanía como un área divertida das mans dos seus protagonistas, os alumnos e alumnas.

Un bo momento para presentar o que estades facendo coa reciclaxe dos plásticos.

Como sempre en horario continuado de 11:00 a 19:00 horas.

Medusa, a mascota do Día da Ciencia na Rúa nos invita a participar e nos vos convidamos a que nos contedes o que ídes facer para compartilo en Blognatura.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Ciencia Ciudadana en Voz Natura: Natusfera

jueves, marzo 1st, 2018

Xa temos falado en varias ocasións no blog dos proxectos de ciencia cidadá  e  da cantidade de proxectos que se están desenvolvendo na actualidade. Tanto, que vamos crear unha categoria propia en Blognatura baixo este epígrafe.

O que realmente é  unha gran noticia para os centros Voz Natura, é que podemos usar multitude de apps para crear o noso propio proxecto de ciencia cidadá ou sumarnos a un dos existentes. Por exemplo Natusfera, unha adaptación de iNaturalist desenvolvida polo CREAF.

Por que non colaborar cos nosos alumnos e alumnas na identificación de plantas e animais? Desde a páxina web  http://natusfera.gbif.es/  podemos aportar datos sobre biodiversidade:  identificar e que nos axuden a identificar especies, axudar aos científicos a obter datos sobre aa distribución de especies e convertirnos en verdadeiros científicos cidadáns, contribuíndo a proxectos que nos interesen, ou creando os nososs.

Xa nos contaredes experiencias!!

 

ojd