Entradas para la categoría ‘Cantando’

Alternativas a un Nadal sen consumo

martes, diciembre 19th, 2017

Será que as familias só poden involucrar aos seus fillos no Nadal coa lista de regalos a pedir? Creemos que non, pero que teremos que darlles algunhas axudiñas.

Desde Blognatura vos deixamos unha pequena lista e compartimos algunhas das experiencias de escolas Voz Natura que ensinan, cos seus actos, o verdadeiro valor do Nadal.

Como ideas paracompartir coas familias:

  • Involucrar aos rapaces na elaboración do xantar de Nadal.
  • Ir ao mercado e escolller con eles as frutas de estación.
  • Elaborar os propios agasallos.
  • Construir o Belén ou a árbore de Nadal con elementos que teñan na casa.
  • Estimular o intercambio e doazón de xoguetes e alimentos.
  • Colaborar con unha entidade benéfica e comprar no comercio xusto.

Como exemplos nas nosas escolas o labor da EEI San Roque que colaboran con pequenos adornos de Nadal e con calendarios para  o Mercado Solidario que organiza unha das residencias de maiores próxima a escola, ou o coro formado por uns 45 nenos e nenas do CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro, Viveiro que  fixeron unha pequena actuación para a residencia de maiores onde se celebrou un tradicional merdadiño solidario  e para o público en xeral que acudiu ao evento. Aquí os tendes cantando panxoliñas para entrar xa en ambiente natalicio:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Que estrategias seguides coas familias para evitar o exceso de consumo en Natal? Contádenos as vosas accións!!

Cantando no fin de festa

martes, junio 20th, 2017

Con 350 proxectos presentados para esta edición 17/18 a unha éntranlle as ganas de cantar. Máis cando unha grande parte do patrimonio inmaterial galego está recollido através de cancións relacionadas coa Natureza.

En estes días finais de curso :Porque non animar aos rapaces a que traian das suas casas algunha canción sobre patrimonio etnográfico relacionada coas actividades  do proxecto Voz Natura?.

Por unha parte disfrutaremos e, pola outra, iremos facendo unha boa base de dados para o próximo curso. abrimos con tal fin unha categoría a que chamamos “Cantando”.

Desde Blognatura comenzamos :

Como estrofas de canción tradicional  “A Dorna”

Meu pai deixoume a dorniña, miña nai deixoume o mare, BIS
non tiña máis que deixarme nin eu teño máis que dare BIS

Non che teño, rapaza, outra cousa que dar
máis que o peixe fresquiño que eu che traio do mar,
que eu che traio do mar, que eu che traio do mar,
non che teño, rapaza, outra cousa que dar.

Teño unha lanchiña en Cangas que lle chaman a Manuela BIS
en toda a ría de Vigo non hai lancha coma ela BIS

Non che teño, rapaza,

San Hadrián é barqueiro, barqueiro é San Hadrián BIS
San Hadrián é barqueiro, que leva o trevo na man, BIS

Non che teño, rapaza,

Teño lanchas, teño redes, teño sardiñas no mar,
teño unha nena bonita, xa non quero traballar,
xa non quero traballar, xa non quero traballar,
teño lanchas, teño redes, teño sardiñas no mar.

Con un vídeo máis actual, de Heredeiros da Cruz “O proquiño”, un clásico de Xabarín:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

 

Axudádenos a construir esa base de dados: Que canción propoñedes?

 

ojd