Cultivos hidropónicos en Barrantes Natura

Ainda fai pouco que falamos dos cultivos hidropónicos en Blog Natura.

No CEIP de  Barrantes os rapaces e rapazas reutilizaron botellas e fixeron unha aproximación aos cultivos hidropónicos.

Comezaron  quitando a pel a uns bulbos  bulbos que despois plantaron na parte superior da botella, engadiron terra , regaron e as levaron ao invernadoiro.

Estes bulbos  vanse presentar máis adiante na mostra de cultivos en Goián na que participan tamén outros centros escolares de Tomiño.

No blog Barrantes Natura  podedes facer un seguimento do cultivo e, desde aquí, vos animamos a que nos contedes as vosas experiencias en hidroponía.

 

Antroido no CEIP Albino Núñez

Desde o blog «Do horto ao plato» do CEIP Plurilingüe Albino Núñez envíannos unhas imaxes «moi saudables» da comparsa de carnaval.

Os pequerrechos de infantil, caracterizados como fresas, manzáns, cenoiras tomates e multitude de foitas e hortalizas, dan mostra  do labor que se desenvolve no centro dentro dos proxectos:  Proxecto SI! (Saúde Integral), Do horto ao prato (Proxecto de Voz Natura), o Plan de consumo de froita fresca nas escolas e o Proxecto de comedor escolar do centro.

Non deixedes de visitalos desde este link.

Parabéns polo traballo!!

 

Innova-acción no IES Illa de Arousa

Captura de pantalla 2015-02-09 a las 23.58.31

Non podemos encontrar mellor  «título /adxectivo» para as actividades que nos mostran no blog do IES Illa de Arousa «Sementando futuro».

Como exemplo algunha das actividades:-Venres sen plástico

Os waterwatches

Concursos, charlas, horto , leitugas solidarias, e un sinfín de actividades medioambientais creativas, de emprendimento, e que atenden a todo tipo de intelixencias.

E, para destacar tamén, a motivación para os alumnos e as familias que supón a publicación de datos concretos sobre as melloras ambientais no centro que podedes ver no lateral dereito do blog.

Parabéns aos 40 alumnos voluntarios nos recreos e aos catro marabillosos profesores que son capaces de desenvolver iniciativas tan interesantes como os exemplos que vos mostramos e de «reclutar» 40 voluntarios en prol da educación ambiental

Aprendendo a facer o caldo cos productos do horto no CPI Monte Caxado

Os rapaces e as rapazas do  CPI Monte Caxado, ensínannos a fecer o caldo cos productos da súa horta no blog de Voz Natura  «O noso Moucho».

Unha interesante bitácora xestionada pola profesora Fina Blanco a quen , desde aquí, enviamos os nosos parabéns.

Premede na imaxe para disfrutalo.

Captura de pantalla 2015-01-29 a las 22.25.49

Cultivos hidropónicos desde o colexio Balmes

A hidroponía é unha técnica de cultivo sin terra que estña considerada como un dos futuros da agricultura mundial. Desde o Colexio Balmes, en Noia, explícannos a técnica a través de un vídeo e nos ensinan como desenvolvela dun xeito caseiro.

Ademáis, aproveitan a publicación para introducir unha  excelente pregunta que vos animamos a introducir nos vosos blogs para detectar as ideas previas do alumnado: De que se alimentan as plantas?

Premede na imaxe para acceder á publicación.

Cultivos hidropónicos

Grazas aos compañeiros do colexio Balmes por compartir a experiencia!

Ficheiro da horta

Como xa comentamos en múltiples ocasións, o s blogs de Voz Natura dannos a oportunidade de poder ir creando un arquivo on line de actividades e recursos.

Nesta ocasión, traemos a Blog Natura  un excelente exemplo: O «Ficheiro da Horta» que desenvolven no colexio Compañía de María en Santiago de Compostela e que comparten connosco desde o blog «Horto Escolar da Ensinanza».

Parabéns polo voso traballo!!

No ficheiro, os alumnos e a profesora catalogan as plantas, hortalizas, flores e árbores que teñen na horta do colexio. A modo de exemplo:


Exemplo do castiñeiro:(nome científico: castanea sativa miller )

Reino: Plantae
Clase: Anxiospermas
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae.
Xénero: castanea
Especie: C. sativa

Unha idea pode ser crear un ficheiro en Drive e comparti-lo link no blog, a modo de catálogo on-line ou ben crear unha categoría onde iremos publicando as distintas fichas sobre as plantas do noso horto, os diferentes tipos de animais, etc.

Como mostra os deixamos este exemplo de ficheiro no que, ademáis de ter que describir e catalogar a planta ( cebola), tamén se inclúen aspectos como, estado da terra, localización do cultivo, número de plantas,  horario de grupos, etc .

Ainda que é un recurso para ESO pode fácilmente adaptarse a Primaria e Infantil. Esperamos as vosas propostas!!

Premede n imaxe para acceder ao recurso:

Captura de pantalla 2014-12-09 a las 11.53.47

 

 

 

 

Do horto ao prato: O xardín dos sentidos

O título de este post é o nome do  novo blog de Voz Natura do CEIP Plurilingüe  Profesor Albino Núñez en O Pino ( Ourense), Do horto ao plato

Como o seu propio nome indica, o proxecto presenta un enfoque multisensorial e multidisciplinar do horto escolar, a través do contacto directo dos rapaces e rapazas coa terra, os vexetais, os axentes climatolóxicos…  no que o blog constitúe unha ferramenta de apoio as distintas actividades didácticas que se desenvolven no proxecto. Entre elas destacamos unha actividade dirixida á toda a comunidade educativa ( profesores, pais e alumnado) incluida nunha das seccións do proxecto que leva por nome o suxerente título de:  «Escola ponte guapa”- “O xardín dos sentidos”.

Como froito de este traballo colaborativo, pais, alumnos e profesores cavaron as zanxas e prepararon o terreo para plantar os mirtos. Os resultados pódense apreciar premendo na imaxe inferior e, desde Blog Natura,  convidámosvos a visitar as súas páxinas.

Captura de pantalla 2014-11-27 a las 18.41.17

Benvidos á comunidade de blogs de Voz Natura e agradamos as vosas novas nos comentarios. Parabéns pola iniciativa!

Benvida a dous novos blogs en Voz Natura

A comunidade virtual de Voz Natura non para de medrar e hoxe damos a benvida a dous novos blogs de aula :

1-«El Huerto de Antón» da Escola Infantil Municipal de Montealto, onde  podemos ver como un patio pode  ser convertido nun horto, disfrutar co seu Cancioneiro verde e do día a día da escola.

Convídámosvos  tamén a visitar o blog da EIM Montealto, para coñecer a fondo a metodoloxía e programas que se desenvolven na escola.

2– A Horta de Ana, o blog da horta escolar do Colexio Mariano de Vigo, onde nos mostran o seu excelente labor, Como mostra, vos deixamos un interesante post sobre os froitos do outono: receitas e refráns sobre cabazas, manzáns e castañas  aos que podedes acceder premendo na imaxe inferior.

Benvidos a Blog Natura e esperamos contar coas vosas aportacións!!

Predicir, Observar e Explicar: Metodoloxía POE

Unha interesante proposta de achegamento á  investigación en bioloxía a partir dunha pregunta e dun descubrimento de Noelia, unha alumna do CEIP Ortigueira. Animámosvos a que utilicedes os comentarios do blog para que os rapaces Observen, Predizan e Expliquen, unha metodoloxía de indagación nas aulas na que a presenza dun blog pode axudar a desenvolver un proxecto de investigación .

Para saber máis: POE