Cuidadando o entorno do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez

Dende o  blog Re-Xeneración: Verde no canto de marrón, do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez de Ourense, enviannos un enlace a algunhas das actividades que desenvolven cos pequenos/as de infantil para conciencialos da protección do seuentorno. Este curso ademais de continuar co  traballo no horto escolar, enlazado co programa SI (Saúde Integral) e cos hábitos saudables trasmitidos a través do comedor escolar, traballan co coidado do ecosistema que os rodea, en concreto o coidado e mellora do recinto do colexio que conta con amplos espazos (incluso teñen unha mini carballeira).

Non vos perdades as excelentes actividades que desenvolven!

http://www.slideshare.net/albinonunez/evitar-que-os-paxaros-choquen-contra-as-xanelas?ref=http://blogs.voznatura.es/ceipplurilingueprofesoralbinonunez/

 

Un Samaín terroríficamente divertido, desde o Cole de Armenteira

A pasada semana o cole da Armenteira invadiuse de pantasmas, arañas, morcegos, castelos encantados, bruxas… e mesmo dunha fantástica exposición de escalofriantes cabazas.
Para celebrar o Samaín desenvolveron obradoiros de maquillaxe e bisutería e viron pequenas películas de medo.  Para rematar a festa, fnalizaron con  actuacións musicais e a entrega de premios do concurso de cabazas.

Premede na imaxe para compartir a súa ledicia!

Captura de pantalla 2015-11-03 a las 9.04.16

Á caza do intruso

Este é o nome da actividade que están desenvolvendo no blog do CEIP Salgado Torres de A Coruña.

Unha excelente actividade para loitar contra as especies invasoras e, de paso, iniciar aos rapaces no uso do blog para deixar os comentarios.

Animádevos a visitalo e  a que os estudantes deixen os comentarios sobre as súas proezas medioambientais.

Parabéns pola iniciativa!

A Gran Tomatada desde o blog A Horta de Ana

Os compañeiros do Colexio Mariano de Vigo comparten coa comunidade Voz Natura a festa coa que celebraron o remate dos cultivos de verán.

A Gran Tomatada foi un momento de ledicia e de algarabía no centro educativo na que colaboraron os alumnos de 1º de Bacharelato.

Os nenos e nenas  disfrutaron  moito dos productos da colleita como podedes ver nesta imaxe:

Unha excelente  iniciativa na que a rapazada ve recoñecido o seu labor con un costume tan importante para os galegos como son as festas e que servíu para desenvolver algo tan importante para a comunidade escolar  como  é a colaboración entre etapas educativas.

Parabéns pola iniciativa!

Por certo, non deixedes de visitar A Horta de Ana   e disfrutar das actividades que nos mostran.

 

Parabéns ao mellor blog e bitácoras finalistas do curso 2014-2015

Imagem 3

 O xurado de Voz Natura ven de proclamar, por unanimidade, o blog” Do horto ao prato. O xardín dos sentidos“, do CEIP Albino Núñez de Ourense, como o mellor blog de este curso.

Aorredor do horto escolar, a profesora  Marisol Fernández Cid, desenvolve cos seus alumnos  proxectos cooperativos que integran a educación ambiental, educación para a saúde e educación en valores, con un innovador enfoque multisensorial que promove nos nenos e nenas o desenvolvemento das distintas competencias.

Ademáis, é un claro e excelente exemplo de cómo formular propostas educativas unificando distintos proxectos nun blog de aula. Neste caso, a experiencia aúna o horto escolar de Voz Natura, o Proyecto SI! ( Salud Integral), o “Plan de consumo de froita fresca nas escolas” e o Proxecto de comedor escolar do centro.

Como exemplo do seu excelente labor destacamos:

– Innumerables actividades e recursos relacionados coa alimentación e a adquisición de hábitos saudables como a “ Semana da Froita” ou os calendarios de froitas e verduras de tempada.

– Aa publicación semanal das “ Fichas do horto”,  co obxectivo de que  o alumnado coñeza as propiedades  características do que sementan cos  cinco sentidos e a promover a adquisición de hábitos saudables desde a infancia para reducir os riscos de enfermedades cardiovasculares.

– Pequenas experiencias de observación e investigación no horto.

– Actividades do proxecto “Escola Ponte Guapa” no  que os pequenos colaboran  na tarefa de cuidar e melloraro  seu entorno escolar, por medio de propostas tradicionais como a semente e o  cuidado de plantas decorativas centro ou sumándose a tendencias innovadoras como as actividades basadas en Land Art , unha corrente de arte contemporáneo que emplea o marco e os materiais da natureza para desenvolver as competencias artísticas.

– Por último, destacamos a integración  de actividades interxeneracionais como os obradoiros“Cousas con Raíz” onde un avo ensina aos nenos e nenas como xogar e fazer xoguetes aproveitando os elementos do entorno natural.

En resumo, un excelente labor didáctico que incorpora, a través da metodoloxía de proxectos e do traballo cooperativo, tódolos ingredientes necesarios para un desenvolvemento multidisciplinar das competencias ambientais.

Como finalistas, felicitamos aos blogs,  “QuéroTe verde” da Esola Infantil Monte da Guía de Vigo,polas  actividades didácticas innovadoras y multidisciplinares  que desenvolven coas familias no proxecto “Cos Pés na Terra”  e pola  iniciativa “Apradiña unha Árbore”, onde os alumnos e as súas familias elixen unha  árbore do centro, adícano a un personaxe público, que represente valores ecolóxicos, culturais ou patrimoniais, investigan xuntos as  súas características e sintetizan a información nun cartel de madeira xunto con un código QR.

Imagem 4

 

 

 

 

E ao blog  “Brigadas ecológicas Cativos” que aglutina tódalas actividades desenvolvidas polas oito Escolas Infantís Municipais da Rede de Escolas Infantís Cativos en Galicia.

Imagem 5

Un excelente labor didáctico do equipo de profesorado das escolas nas que se levan a cabo multitude de actividades dirixidas ao desenvolvemento das competencias ambientais a través de hortos escolares, proostas de reciclaxe creativo e accións de protección ambiental en estreita colaboración coas familias.

Animámosvos a que os felicitedes nos comentraios do seu blog e a que botedes unha ollada ás actividades que desenvolven.

PARABÉNS A TODOS E GRAZAS POLA VOSA CONTRIBUCIÓN Á COMUNIDADE VIRTUAL  DE VOZ NATURA!

O día a día do Horto Escolar da Ensinanza

Desde o Horto Escolar da Ensinanza cóntanos, paso a paso, o desenvolvemento do seu horto escolar .

Un traballo moi ben  estructurado que vos pode servir para o mantemento dos hortos a modo de guión de boas prácticas.

Non deixedes de visitar esta excelente páxina dos compañeiros do Colexio da Compañía de María de Santiago .

A comezos de marzo puxemos as patacas de Coristanco e as cebolas ¡e as cebolas xa asoman!
Son dous bos exemplos, ademáis, da reproducción asexual das plantas, pois para cultivar estas plantas non acostumamos a usar sementes, senon os tubérculos da pataca e os bulbos da cebola.
Coas cebolas non hay máis que enterrar un pouco os bulbos tendo coidado de que non lles quede aire ó redor. Para poñer as patacas collemos algunhas do ano anterior, mellor se comezan a botar a raíz, cortámolas pola metade e colocámolas nos surcos, co corte cara abaixo.

As cebolas medrando
A primeira en asomar

Antes de marchar para as vacacións plantamos tamén unhas cantas fresas, algunhas no chan, protexidas por unha tea antiherbas que impide o crecemento de mala herba e mantén o chan quentiño.
Puxemos outras en maceteiros colgantes feitos con botellas, pois xa tiñamos unhas cantas do ano pasado pero estiveron toda a Semana Santa sen rego e tan calurosa coma veu non lles sentou nada ben. ¡Esperemos que melloren!

Perdemos as flores, esperemos recuperar as plantas
Fresas protexitas

As vacacións tampouco sentaron nada ben ós sementeiros.
Perdemos a metade das cenoiras, pementos de Padrón e espinacas que antes ían tan ben.

Quenes van xenial son as coles (rizadas e de Bruselas) aínda que o seu custou.
Mentres que as rizadas comezaron a crecer sen problema ningún e así continúan as de Bruselas foron brutalmente atacadas por eirugas e caracois.
Tamén houbo algúns días de frío que non sentaron moi ben ás poucas follas que sobreviviron ós voraces animais.

A col a medio comer

¿Que se pode facer? e ¿Que fixemos?

  • No noso horto non usamos ningún químico artificial, así que mercar productos deste tipo quedou descartado.
  • Podemos retirar manualmente ós animais pero as eirugas son moi difíciles de distinguir nas coles, pois son exactamente da mesma cor, e os caracois saen na noite ou no crepúsculo. ¡Non é hora de estar no colexio!
  • As trampas de auga ou cervexa son moi efectivas contra os caracois. Só temos que enterrar uns cacharriños cos líquidos preto das coles e os caracois caerán e morrerán afogados. Nós descartamos este método polo de agora, buscaremos algún incruento.
  • As barreiras ó redor das coles, no chan, con materiais que danan ou desagradan os caracois. O camiño de sal quedou descartado porque os mataría pero hai otras opcións que simplemente os repelen: cinza, cáscara de ovo triturada, cunchas esmagadas… ¡Esta foi a nosa opción!
    Un dos sospeitosos habituais

    Ademáis de disuadir ós caracois aportan calcio ó chan.

Con todo isto aínda había algún atrevido e as eirugas seguían sendo un problema.
Matamos dous paxaros de un tiro e resguardamos as coles con botellas de plástico cortadas (¡e abertas por arriba, claro!) que protexen ás plantas e as manteñen quentiñas.

Plantón de col recuperado
A nosa plantación ben protexida

 

¡Estade atentos porque quedan moitas máis novidades!
¡Acabáranse as coles para vós!

 

Saquiños de plantas aromáticas desde o CEIP Pintor Antonio Fernán de Goián (Tomiño)

O que sementa recolle, dí un vello refrán popular, e eso é exactamente o que lles pasa aos nenos e nenas do CEIP Pintor Antonio Fernán de Goián  en  Tomiño.

En outono fixeron a semente de plantas aromáticas, limparon a horta, etiquetaron as plantas e fixeron un inventario de plantas,unha actividade fundamental para evitar confusións e ir controlando a flora do centro.

o  no seu horto e aquí os vedes apañando a colleita que cuidosamente foron colocando nas saquiñas correspondentes.

Un festival de aromas e de alegría no centro!

Parabéns pola iniciativa e non deixedes de seguilos no blog O Horto do Pintor.

Benvidos!!

 

O home que plantaba árbores: Celebramos o Día Mundial Forestal

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial Forestal, coincidindo coa chegada da primavera no Hemisferio Norte e do outono no Hemisferio Sur.

Ademáis das propostas que temos comentado en Blog Natura, aproveitamos para mostrar un recurso apto para tódalas etapas educativas que complementa ás accións que os alumnos e profesores de Voz Natura desenvolven nos bosques do seu entorno.

Trátase do conto “O home que plantaba árbores” de  Jean Giono, un relato que permite  celebrar na aula esta conmemoración de distintos xeitos: unha reflexión en gran grupo, tarefas de reflexión individual sobre o noso comportamento coa Natureza , actividades contextualizadas que utilicen o relato como punto de partida, etc.

Unha actividade que enche de sentido actividades tan frecuentes neste día como a plantación de árbores. Na imaxe mostramos unha destas últimas accións : A reforestación feita por nenos e familias da escola infantil da rede Cativos, ” A Ulloa” de Oroso, que podedes visitar no blog “Brigadas ecológicas Cativos”

 

Animádevos a desenvolver a experiencia na aula e contádenos como foi!!