Entradas para la categoría ‘Blogosfera Voz Natura’

Brigadas Ecológicas Cativos en Vedra

jueves, noviembre 8th, 2018

Damos la bienvenida un curso más a las Brigadas Ecológicas Cativos en Vedra.

Comienzan su actividad en el blog totalmente inmersos en el lema de esta edición, “Nuestros Montes” ya que no en vano,  su centro está rodeado de bosque autóctono.

No han perdido ni un minuto en comenzar las tareas de protección, recuperación y puesta en valor de la riqueza de sus bosques, la conservación de su biodiversidad y sensibilizar sobre la problemática de los incendios forestales.

Con sus profes y con sus familias ya han hecho varias salidas y han creado un rincón “A nosa Fraga” que alojará todo el material, imágenes y percepciones de estas visitas al monte.

En concreto,están hacienco especial hincapié en la prevención de incendios y el agente forestal de la zona les ha diseñado  una programación para trabajar el tema de los incendios forestales con los niños y niñas de la escuela durante todo el curso. Ya han comenzado: limpiando el bosque, reciclando la basura y mostrando a los niños y niñas imágenes que les sensibilicen sobre los incendios forestales.

Como siempre, exportarán al resto de comunidades autónomas con presencia Cativos los proyectos realizados.

Enhorabuena por vuestro trabajo y esperamos que compartáis a menudo vuestra labor en Blognatura.

 

Ornitólogos do CEIP San Pedro de Visma

miércoles, octubre 31st, 2018

Os alumnos de 5º de EP  CEIP San Pedro de Visma  exerceron durante este outubro de ornitólogos no parque de Bens.

Da man da asociación Hábitat, instalaron niños  no parque de Bens e participaron no control da especie invasora Cartobrotus  na contorna da Torre de Hércules e Punta Herminia.

Un excelente proxecto que nos amosan no seu  recén estreado blog do CEIP San Pedro de Visma.

Desde Blognatura convidámolos á desenvolver un proxecto nas aulas sobre as aves e deixámoslle un pequeno tesouro para montar un proxecto, a “Guía de apoio para a investigación científica escolar” 

do programa Explora da CONICYT.

 

Recursos didácticos Samaín 2018

martes, octubre 30th, 2018

Como tódolos anos dedicamos un post aos recursos para Samaín.

Visitamos lugares clásicos como o recopilatorio do CEIP Pintor Laxeiro ou os materiais do Equipo de Normalización lingüística do CEIP Galán que este ano desenvolveu unha fantástica unidade didáctica unidade didáctica sobre o tema.

Petamos na porta da bruxa Wanda  e incorporamos aos nosos blogues distintos webmix sobre o Samaín 

Pero o máis importante queda en espera: agardamos que os compañeiros do CPR Cervantes en Lugo nos envíen imaxes dos talleres que realizan entre estapas educativa e no centro da terceira edade Orpea. E tamén invetigaremos sobre as misteriosas cabazas de luz laranxa que alumean no CEIP de Palmeira en Ribeira.

Finalizamos cun Libro Interactivo Multimedia sobre o Samaín. Premede ana imaxe para comenzar a xogar.

 

E non vos esquezades de compartir o voso Samaín nas páxinas dos blogues e deixádenos o link en Blognatura para que compartamos.

Boas prácticas desde “Exploramos cos sentidos” do CEE Miño

martes, mayo 29th, 2018

Un dos blogs galardanados nesta edición Voz Natura e´a bitácora “exploramos cos sentidos do CEE de Miño, un dos talleres que se levan a cabo polas tardes, no que participa todo o alumnado do centro de Educación Especial , organizados por grupos e por trimestres.

Un gran traballo a paritrir de actividades mutisensoriais para estimular non só o rendimento cognitivo, senón tamén as emocións e afectos e un gran blog do que podemos aprender cómo tratar a diversidade e que ferramentas nos axudan nese eido.

Aquí vos deixamos unha mostra do seu traballo e aproveitamos para felicitalos. Premede na imaxe para acceder ao vídeo.

 

 

Ahí ven o maio de frores cuberto

miércoles, mayo 2nd, 2018

Inauguramos maio co poema de Curros Enríquez que tan ben canta Luis Emilio Batallán, para salientar  o proxecto educativo da EEI San Roque onde están reavivando esta tradición galega através do contacto e traballo coas familias e levándoo a todolos recunchos da aula: plástica, robótica e até o computador como os fantásticos Libros Interactivos Multimedia.

Premede na imaxe para acceder ás unidades.

Parabéns polo traballo.

Xenerais da Ulla

martes, febrero 6th, 2018

O carnaval é un dos elementos mais vivos do noso patrimonio inmaterial e tamén unha das festas mais celebradas nas escolas.

Unha boa forma de optimizar o rendemento didáctico desta festa, pode ser combinar patrimonio, recursos  para o aula e o propio proceso de elaboración da máscara e complementos.

Así, nesta ocasión traemos un material didáctico que ten como obxectivo coñecer e disfrutar dunha das celebracións máis emblemáticas, os Xenerais da Ulla, desde a súa páxina oficial:

Como podemos celebrar un carnaval de este estilo na escola e facelo desde o punto de vista da reciclaxe?

Aquí van algunhas ideas:

Contádenos como celebrades o Antroido e o publicaremos en Blognatura!!

Medidas drásticas: Cales propós?

martes, enero 16th, 2018

Apróbase este ano a lei que, atendendo a normativa europea, prohibirá dar bolsas de plástico gratis para reducir o seu consumo.

 

En Murcia se levas as botellas de plástico a reciclar, páganche por cada unha (como cos cascos).

 

Centos e centos de medidas efectivas e populares. Agora que estamos volvendo das vacacións por que non animar aos rapazes a que deixen as suas ideas nos blogs de aula ou nos comentarios de Blognatura?

Seguro que nos soprenden!!

Imaxe

Entrevista á coordinadora do blog gañador

jueves, mayo 25th, 2017

blogHoxe nos poñemos en contacto con Marta Pérez Lage, coordinadora do Blog Voz Natura do  CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro-Viveiro en Lugo.  É unha entrevista corta onde quedaron moitas preguntas por facer pero que nos da idea tanto  da potencialidade didáctica dos blogs, como  do magnífico traballo en equipo que se desenvolve no CEIP baixo a tutela e coordinación de excelentes profesionais como Marta Pérez e Rita Lamas, a directora do centro.

1. Canto tempo levades co blog e como fostedes coordinando o seu mantemento ao longo do tempo?
Publicamos os nosos primeiros artigos no blog aló polo mes de maio do ano 2009 despois de recibir un curso de formación a través dos servizos de Voz Natura. Daquela a coordinadora de Voz Natura no colexio era Ángeles Pérez e xuntas comezamos esta aventura como “blogueras”; seguín levando o blog tamén coa coordinadora Maricarmen Lázaro e na actualidade con Rita Lamas. É unha labor moi gratificante que levo a cabo como coordinadora da Biblioteca do centro e como integrante do equipo de Voz Natura.
2. No voso contexto, que vantaxes crees que ten un blog como ferramenta na aula de mediombiente respecto a outras redes?
Para min o blog é moito máis completo que calquera outra ferramenta, como por exemplo o facebook, debido aos diferentes apartados nos que podemos crear: páxinas, enlaces, categorías, gadgest…
O noso blog recolle todas as actividades que levamos a cabo a través de artigos, presentacións, fotos e vídeos elaborados por nós. Contén páxinas onde se recollen os diferentes proxectos medioambientais e intentamos que sexa fácil a procura da información. Ademais, desde o mesmo podemos acceder ao blog maestro de Voz Natura e a todos os blogs e páxinas especiais do colexio.
3. De que xeito integrades Voz Natura no PDI e a Biblioteca?
No noso centro todas as actividades dos diferentes equipos de traballo (Biblioteca, EDLG, Voz Natura, Actividades Extraescolares e Complementarias) deseñámolas en coordinación e atendendo aos diferentes proxectos de xeito que non sexan actividades illadas senón que se complementen. Un exemplo claro foi a elaboración do vídeo VOZ NATURA, un produto final no que todos os departamentos aportaron ideas e materiais.
Nas diferentes celebracións o estudo, coidado e mellora do noso entorno está sempre presente: no magosto, polo nadal, no día da poesía… e a Biblioteca aporta a bibliografía e información necesarias.
4. Como foi recibido o luns a nova do premio na escola?

Con moita sorpresa e ilusión.  Agradecemos esta distinción que nos servirá de estímulo para seguir traballando con entusiasmo na procura dun futuro medioambiental sostible.
5. Como curiosidade, para terminar: As familias len e comentan habitualmente o blog?
Esa é a finalidade que buscamos, que a través do mesmo sigan as actividades e traballos que realizamos no centro en relación cos proxectos medioambientais, a reciclaxe, o horto escolar, as árbores …
Somos conscientes que aínda nos queda moito por facer pero este premio daranos a coñecer moito máis.

Etnobotánica

jueves, mayo 25th, 2017

 A Etnobotánica, é unha ciencia a cabalo entre a ciencias naturais e sociais  e que relaciona o uso das plantas na agricultura tradicional para prevenir ou loitar contra as plagas,ou o uso de plantas medicinais, entre outras aplicacións.

Apio, carqueixa (carquesa), ceruda (celidonia), estrellamar (Plantago coronopus L.), malva, malvela (hiedra terrestre), ortiga, ourego (orégano), romeu (romero), ruda, tomillo, xanzá (genciana, Gentiana lutea subsp. aurantiaca Laínz) y xarxa (salvia), son plantas utilizadas na fitoterapia tradicional galega.
Por qué non diseñar un proxecto de investigación onde os rapaces recollan información sobre plantas medicinais ou tratamentos de plagas na horta e poidan valorar o resultado terapéutico de moitas de elas,  facer un traballo de campo recollendo as distintas variedades e, por último un herbario?

Poderían buscar nformación sobre cada planta: parte utilizada, aplicacións e modo de empleo, onde se atopa, oturos usos, refráns, etc.

Aquí vos deixamos a proposta e vos invitamos a mellorala nos comentarios.

Que facer co meu blog no verán?

martes, junio 21st, 2016

Despois de estes dias “multitarea” e co remate do curso na porta é un bo momento pensar no que imos facer cos blogues no verán.

Desde logo que a opción “Pechado por vacacións” é neste momento a máis apetecible pero tamén podemos acadar outras opcións. Deixamos media ducia delas neste post e vos animamos a que compartades as vosas ideas:

  1. Facer un calendario editorial no que programades algunhas das entradas para o curso próximo, sobre todo aquelas que teñen que ver con recursos, con días especiais, etc. Só tendes que postear como habitualmente e na pestana “Publicar inmediatamente” da columna dereita do panel de administración pór a data  en que desexades que se publique.
  2. Revisar a fondo o blog actualizando os links, as imaxes e os vídeos.
  3. Organizar os artigos en etiquetas e categorías.
  4. dar un paseo virtual por outros blogs de centros Voz Natura e aproveitar os seus recursos e ideas e, de paso, aproveitar para deixar un saudiño. Tamém podemos facer unha selección dos melhores post da rede virtual de Voz Natura.
  5. Visitar a fondo as categorías de Blog Natura que máis vos interesen e sobre todo a de Taller de Blogs para ir avanzando no manexo da ferramenta. Saudádenos tamén!!
  6. Entrar polo menos quincenalmente no blog por si hai comentarios dalgún lector e, sobre todo, compartir  post nas redes sociais, comentalos e compartilos en outros blogues… en fin ampliar a comunidade e  difundir o voso labor.

 

ojd