Entradas para la categoría ‘Ano Internacional dos legumes’

Medio pan e un libro

Martes, febrero 23rd, 2016

Aludimos a esta famosa frase de García Lorca para remitirvos ao blog do CEIP Plurilingüe Profesor Albino Núñez.

Dentro das accións integradas no Ano Internacional dos Legumes, tratan fomentar o consumo de leguminosas, ese “medio pan”, introducíndoas no menú escolar, como con “un libro” dando a coñecer as suas propiedades. Así, a encargada de comedor preparou un documento para as familias sobre as vantazes de introducir  estes saborosos alimentos na dieta dos rapaces e, para que o alimento tamén sexa intelectual o Morcego Roque deulle aos nenos e nenas algúns consellos sobre os legumes. Pero tamén falaron de muitos alimentos a través dos contos, dentro da XXVII Campaña de Animación á lectura do Concello de Ourense que se suma a celebración de este ano “leguminoso”.

Para que se vos quede a cara como a dos rapaces da imaxe inferior, animámosvos a visitar o excelente blog, gañador da edición do ano pasado, “Re-xeneración. Verde no canto de marrón” 

Parabéns!!

 

 

ojd