Os heroes do medioambiente

avatar Escrito por blogmaestrovnat
15 de junio de 2019 a las 15:08h

Este é o títular da noticia da Voz de Galicia  onde se resume este venres de festa no Museo Santiago Rey Fernández Latorre. Alí nos encontramos profesores e alumnos de centros Voz Natura, como sempre, con gañas de compartir os proxectos e as experiencias de este curso que xa remata.

O premio Voz Natura Galicia foi para o CPR María Auxiliadora Salesianos, de Ourense, cuio labor no sendeiro  periurbano tan ben nos contan no seu blog, tamén galardonado co mellor blog do ano.

No concurso de vídeos, a curta  ‘Os nosos bosques, os nosos árbores’, do  CEE Terra de Ferrol acadou o primeiro premio.

O galardón ao mellor proxecto infantil recaiu na escola  Barrionovo, de Arteixo (A Coruña), unha bitácora que comparte regularmente as suas publicacións no blog maestro

. Por provincias: en A Coruña   a EFA de Fonteboa, de Coristanco; o  CPR Cervantes de Lugo, a   Asociación Sustinea en Ourense e o CEIP As Solanas, de A Guarda. Daba gusto ver aos rapaces e rapazas contando a sua experiencia a Pablo Portabales e ao público asistente.

Etiquetas:

Deja tu comentario

ojd