Blogs Voz Natura premiados 2018/2019

En Blognatura estamos de festa e non é para menos.

Ainda que o venres 14  poderemos celebralo xuntos na 22.ª edición dos Premios Voz Natura,  queremos transmitir a nosa alegría pola calidade dos blogs do programa que cada vez dificulta a selección dos premiados.

O caderno dixital  Sendeiro Periurbano Ourense  leva o  premio ao mellor blog  da blogosfera  Voz Natura polo seu excelente labor utilizando o blog como diario dos roteiros didácticos dos que falamos a semana pasada. Ademáis destacamos a multidisciplinaridade das suas propostas e  o seguimento lonxitudinal da educación ambiental no centro.

Como finalistas, dúas bitácoras  ben diferentes pero con un alto valor didáctico:

  • O blog Da «Horta de Mero» do CEIP Francisco Vales Villamarín, en Betanzos. Un exemplo de utilización dos blogs  na aula de Primaria. Destaca tamén unha estética moi cuidada e a optimización de ferramentas audiovisuais que integran na bitácora ( Genially, Photopeach, etc).

Destacan as actividades interxeneracionais e asa actividades mediaombientais da biblioteca, como contacontos e                       obradoiros medioambientais.

 

  •  O blog Val de Esmelle un proxecto de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da  veciñanza no Val de Esmelle,  enFerrol.

    Recuperación de muiños e fontes,  rutas etnográficas, recuperación de cantigas de tradición oral ou  a historia das mulleres da parroquia, invitan a visitar e disfrutar este blog, que tamén axuda a difunsir os  cursos de agricultura ecolóxica e actividades de recuperación da paisaxe autóctona que desenvolven na asociación.

Marcar como favorito enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *