Archivo para junio 10th, 2019

Blogs Voz Natura premiados 2018/2019

lunes, junio 10th, 2019

En Blognatura estamos de festa e non é para menos.

Ainda que o venres 14  poderemos celebralo xuntos na 22.ª edición dos Premios Voz Natura,  queremos transmitir a nosa alegría pola calidade dos blogs do programa que cada vez dificulta a selección dos premiados.

O caderno dixital  Sendeiro Periurbano Ourense  leva o  premio ao mellor blog  da blogosfera  Voz Natura polo seu excelente labor utilizando o blog como diario dos roteiros didácticos dos que falamos a semana pasada. Ademáis destacamos a multidisciplinaridade das suas propostas e  o seguimento lonxitudinal da educación ambiental no centro.

Como finalistas, dúas bitácoras  ben diferentes pero con un alto valor didáctico:

  • O blog Da “Horta de Mero” do CEIP Francisco Vales Villamarín, en Betanzos. Un exemplo de utilización dos blogs  na aula de Primaria. Destaca tamén unha estética moi cuidada e a optimización de ferramentas audiovisuais que integran na bitácora ( Genially, Photopeach, etc).

Destacan as actividades interxeneracionais e asa actividades mediaombientais da biblioteca, como contacontos e                       obradoiros medioambientais.

 

  •  O blog Val de Esmelle un proxecto de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da  veciñanza no Val de Esmelle,  enFerrol.

    Recuperación de muiños e fontes,  rutas etnográficas, recuperación de cantigas de tradición oral ou  a historia das mulleres da parroquia, invitan a visitar e disfrutar este blog, que tamén axuda a difunsir os  cursos de agricultura ecolóxica e actividades de recuperación da paisaxe autóctona que desenvolven na asociación.

ojd