Archivo para junio 6th, 2019

Roteiros ambientais

jueves, junio 6th, 2019

Durante os casi 50 años que separan os inicios da Educación Ambiental da actualidade, a formación ambiental da cidadanía ten avanzado moito grazas ao desenvolvemento de programas específicos educativos, campañas de sensibilización e programas como Voz Natura. Ainda así, neste mundo na que información excede o dixerible, non se están producindo os cambios necesarios para solucionar os problemas ambientais.

Un recurso educativo cuxo  potencial didáctico  aparece en múltiples investigacións é a paisaxe como elemento motivador,  , estimulador dos sentidos, interdisciplinar, encubridor de misterios, globalizador, realista y concreto, útil para a clasificación de actitudes e a implicación na acción.

Os Seminarios de Ciencias Experimentais, Tecnoloxía e E.P.V.A.  do colexio Mª Auxiliadora de Ourense levan organizando esta actividade desde o ano 2012 con  xornadas que combina á perfección natureza e patrimonio, axudando a descubrir os valores ambientais e culturais  da provincia de Ourense.

As visitas están distribuídas do seguinte xeito:

– 1º ESO Sendeiro Periurbano de Ourense – 1 xornada.
– 2º ESO Bosque de Ridimoas – 1 xornada.
– 3º ESO Parada de Sil – 1 xornada.
– 4º ESO Macizo Central Ourensán – 1 xornada.
– 1º BAC Parque Natural Invernadeiro – 4 xornadas.
– 2º BAC Asturias-León – 3 xornadas.

Como podedes ver no seu blog “Sendeiro periurbano” as rutas constitúen unha inmersión profunda no entorno ambiental da escola e son fruto de un traballo interdisciplinar e riguroso.

Desde Blognatura dámoslle os nosos parabéns e convidamos ao alumnado e profesorado do centro a que nos conten a experiencia no comentario de este post.

ojd