Archivo para junio, 2019

No verán, eco – natúrate

miércoles, junio 26th, 2019

O curso escolar xa terminou para o alumnado e está próximo ao fin para os profesores. Pronto estaremos con tempo para “eco-naturizarnos”, disfrutando e respentando de praias e montes e con tempo de lecer.

Para eses momentos, desde Blognatura  vos deixamos a imaxen superior de La Voz de Galicia para ir entrando en materia e dous libros  sobre medioambiente  para ler debaixo de unha árbore :

 

En oposición á intelixencia individual tradicional, Daniel Colleman, refleciona neste libro sobre  unha nova forma de conciencia colectiva que  permita evolucionar a toda á sociedade para  reducir a pegada medioambiental.

 

 

 

 

En un metro cuadrado de bosque está o mundo enteiro, e en él comeza  e termina este libro. Un ensaio  mistura de diario íntimo e  libro de divulgación científica. Apaixoante.

 

 

Ademáis de algunhas publicacións gratuitas para ir pensando no curso que ven:

FELIZ E ECOLÓXICO VERÁN!

Na noite de San Xoan, non fagas o que todos fan.

jueves, junio 20th, 2019

Ainda que sabemos da sabiduría do refraneiro popular, esta vez damos a volta ao refrán “Na noite de san Xoán, fai o que todos fan” ate que o que se esta festa se converta nun exemplo no cuidado das praias galegas.

Estamos cao teima de tódolos anos, moito traballo durante o curso para remover a conciencia ecolóxica do alumnado e a importancia do cuidado da casa común, e chega  o San Xoan e as praias acaban cheas de residuos que, muitas veces van parar ao mar.

Expresións como “Imos queimar os apuntes de todo o curso na fogueira de San Xoan”, ou imaxes do “día depois” como a que nos mostraba La Voz de Galicia o ano pasado e que ilustra este post, fannos dubidar dao impacto do noso traballo.

E si lle damos a volta a esta situación ?

Convidámosvos a levar hoxe o debate a aula e a programar cos rapaces accións sinxelas de cuidado medioambiental para esta noite que se integren na festa e os fagan sentir felices tamén ao día seguinte.

Como ideas:

  • Levar cada un unha bolsa para recoller o lixo selectivamente.
  • Pintar as camisetas con mensaxes que animen a deixar limpias as praias.
  • Utilizar os materiais que os concellos poñen a disposición dos cidadáns para queimar e non deitar no lume materiais contaminantes.

Seguro que podedes darnos máis ideas e que os rapaces dan algunhas que nos sorprenderán.

 

Por un San Xoan etnográfico

martes, junio 18th, 2019

“Dime rapaza bonita
¿Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo!.

Comezamos cunha copla recollida na parroquia de Domaio sobre as herbas de San Xoan, seguro que tedes moitas para compartir.

O San Xoan representa unha oportunidade única para traballar interdepartamentalmente nestes últimos días de clase.

  • Recetarios de herbas e as suas propiedades elaboradas polo departamento de Língua e de Ciencias.
  • Construcción de un refraneiro do San Xoan coas aulas e Plástica e Língua.
  • Elaboración de videos de recollida e de herbas e de cancións tradicionais.
  • ….

Como recursos duas páxínas que recollen moita e moi boa información:

Os heroes do medioambiente

sábado, junio 15th, 2019

Este é o títular da noticia da Voz de Galicia  onde se resume este venres de festa no Museo Santiago Rey Fernández Latorre. Alí nos encontramos profesores e alumnos de centros Voz Natura, como sempre, con gañas de compartir os proxectos e as experiencias de este curso que xa remata.

O premio Voz Natura Galicia foi para o CPR María Auxiliadora Salesianos, de Ourense, cuio labor no sendeiro  periurbano tan ben nos contan no seu blog, tamén galardonado co mellor blog do ano.

No concurso de vídeos, a curta  ‘Os nosos bosques, os nosos árbores’, do  CEE Terra de Ferrol acadou o primeiro premio.

O galardón ao mellor proxecto infantil recaiu na escola  Barrionovo, de Arteixo (A Coruña), unha bitácora que comparte regularmente as suas publicacións no blog maestro

. Por provincias: en A Coruña   a EFA de Fonteboa, de Coristanco; o  CPR Cervantes de Lugo, a   Asociación Sustinea en Ourense e o CEIP As Solanas, de A Guarda. Daba gusto ver aos rapaces e rapazas contando a sua experiencia a Pablo Portabales e ao público asistente.

Blogs Voz Natura premiados 2018/2019

lunes, junio 10th, 2019

En Blognatura estamos de festa e non é para menos.

Ainda que o venres 14  poderemos celebralo xuntos na 22.ª edición dos Premios Voz Natura,  queremos transmitir a nosa alegría pola calidade dos blogs do programa que cada vez dificulta a selección dos premiados.

O caderno dixital  Sendeiro Periurbano Ourense  leva o  premio ao mellor blog  da blogosfera  Voz Natura polo seu excelente labor utilizando o blog como diario dos roteiros didácticos dos que falamos a semana pasada. Ademáis destacamos a multidisciplinaridade das suas propostas e  o seguimento lonxitudinal da educación ambiental no centro.

Como finalistas, dúas bitácoras  ben diferentes pero con un alto valor didáctico:

  • O blog Da “Horta de Mero” do CEIP Francisco Vales Villamarín, en Betanzos. Un exemplo de utilización dos blogs  na aula de Primaria. Destaca tamén unha estética moi cuidada e a optimización de ferramentas audiovisuais que integran na bitácora ( Genially, Photopeach, etc).

Destacan as actividades interxeneracionais e asa actividades mediaombientais da biblioteca, como contacontos e                       obradoiros medioambientais.

 

  •  O blog Val de Esmelle un proxecto de recuperación do patrimonio material e inmaterial a través da implicación da  veciñanza no Val de Esmelle,  enFerrol.

    Recuperación de muiños e fontes,  rutas etnográficas, recuperación de cantigas de tradición oral ou  a historia das mulleres da parroquia, invitan a visitar e disfrutar este blog, que tamén axuda a difunsir os  cursos de agricultura ecolóxica e actividades de recuperación da paisaxe autóctona que desenvolven na asociación.

Roteiros ambientais

jueves, junio 6th, 2019

Durante os casi 50 años que separan os inicios da Educación Ambiental da actualidade, a formación ambiental da cidadanía ten avanzado moito grazas ao desenvolvemento de programas específicos educativos, campañas de sensibilización e programas como Voz Natura. Ainda así, neste mundo na que información excede o dixerible, non se están producindo os cambios necesarios para solucionar os problemas ambientais.

Un recurso educativo cuxo  potencial didáctico  aparece en múltiples investigacións é a paisaxe como elemento motivador,  , estimulador dos sentidos, interdisciplinar, encubridor de misterios, globalizador, realista y concreto, útil para a clasificación de actitudes e a implicación na acción.

Os Seminarios de Ciencias Experimentais, Tecnoloxía e E.P.V.A.  do colexio Mª Auxiliadora de Ourense levan organizando esta actividade desde o ano 2012 con  xornadas que combina á perfección natureza e patrimonio, axudando a descubrir os valores ambientais e culturais  da provincia de Ourense.

As visitas están distribuídas do seguinte xeito:

– 1º ESO Sendeiro Periurbano de Ourense – 1 xornada.
– 2º ESO Bosque de Ridimoas – 1 xornada.
– 3º ESO Parada de Sil – 1 xornada.
– 4º ESO Macizo Central Ourensán – 1 xornada.
– 1º BAC Parque Natural Invernadeiro – 4 xornadas.
– 2º BAC Asturias-León – 3 xornadas.

Como podedes ver no seu blog “Sendeiro periurbano” as rutas constitúen unha inmersión profunda no entorno ambiental da escola e son fruto de un traballo interdisciplinar e riguroso.

Desde Blognatura dámoslle os nosos parabéns e convidamos ao alumnado e profesorado do centro a que nos conten a experiencia no comentario de este post.

Imitando á idea de Greenpace: Esquelas para denunciar a pérdida de biodiversidade

martes, junio 4th, 2019

Con motivo do Día Internacional da Biodiversidade, Greenpace  publicou unha serie de esquelas con animais que están en perigo de extinción. A idea é fantÁstica e recurre ao visual para remover conciencias e denunciar a pérdida de biodiversidade.

Imitando esta idea, hoxe vos propoñemos que fagades unha esquela en cada curso con algunhas das especies da flora e fauna extintas ou a piques de facelo.

Como recursos:

1- Listado de especies extintas en Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

2-Modelo de esquela

 

 

Día Mundial del Medio Ambiente 2019

martes, junio 4th, 2019

 


Este es el lema que la ONU ha elegido para celebrar el Día del Medio Ambiente 2019.

Como siempre nos invitan a compartir los eventos que realicemos en la escuela que esta vez, podremos relacionar con la contaminación del aire.

Como recursos os dejamos:

Y no os perdáis las actividades que nos proponen en el suplemento de La Voz de la Escuela del 5/06/19.

ojd