Antonio Fraguas, etnógrafo

O Día das Letras de este ano adícase a Antonio Fraguas, mestre, arqueólogo, xeógrafo, biógrafo e historiador pero, sobre todo, etnógrafo.

Fraguas foi un estudoso do patrimonio cultural galego que tantas veces traemos a Blognatura: xogos infantís, literatura oral, Entroido, Nadal… non en van foi un dos creadores da Escola de Etnógrafos xunto con Risco, Filgueira ou Xaquín Lorenzo ( Xocas).

Precursor e primeiro director do Museo do Pobo Galego en Bonaval (Santiago). Precisamente desde alí comparten este unidade didáctica sobre Antonio Fraguas con actividades para todos os niveis educativos.

Desde aquí destacamos o amor que Don Antonio mostrou sempre pola Natureza Galega convidándovos a ler  no Día das Letras, un discurso lido por él na Real Academa Galega.

Premede na imaxe para descargalo.

Marcar como favorito enlace permanente.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *