Archivo para marzo 7th, 2019

Ecofeminismo: feminismo, ecoloxía e filosofía

jueves, marzo 7th, 2019

Mañán celébrase o Día Internacional da Muller como unha chamada de atención e homenaxe a  tódalas mulleres que durante décadas veñen loitando e siguen loitando en favor da igualdade. Desde Blognatura animámosvos a tratar na escola, especialmente nas aulas de Filosofía, o termo “Ecofeminismo” acuñado en 1974 por Françoise d’Eaubonne,  escritora e feminista francesa que defendía un matriarcado primixenio e igualitario destruído polos homes unha vez comenzaron a controlar a fertilidade das mulleres e da terra.

O termo fui evoluíndo e aparecendo na obra de distintas escritoras de todo o mundo con distintos enfoques, pero con un nexo común: a dominación e explotación das mulleres e da natureza  e o papel da muller como axente privilexiado para acabar con esa doble dominación. Outras vertentes menos esencialistas, abogan por unha convivencia de respeto e xusticia até a natureza baseada nunha ética cotidiana e no que a muller tería un papel principal.

Como exemplo desta corrente podemos citar a duas mulleres que xa temos traído a Blognatura noutras ocasións:

1- A filósofa  india Vandana Shiva, autora de “Staying Alive” (1988), obra na que critica a situación das mulleres no terceiro mundo causado polo  “pésimo desenvolvemento” que Occidente impón ao resto do mundo e que tuvo un importante papel na difusión do ecofeminismo.

2- A premio Nobel da Paz 2004  Wangari Maathai, fundadora do movimento Green Belt (Cinto Verde) en Kenia desenvolvido por millares de mulleres que plantaron 50 millóns de árbores para evitar a deforestación neste país africano. Un movimento que recorre África e que engloba a ecoloxía e feminismo.

En España destaca a obra de Alicia Puleo, “Ecofeminismo para outro mundo posible”.

Un bo tema para suscitar debates, integrar o ensino medioambiental de un xeito transversal e propiciar  a reflexión arredor d da  igualdade da muller desde unha visión esencialista e ética

ojd