Archivo para febrero 26th, 2019

Recursos para o entroido

martes, febrero 26th, 2019

Como tódolos anos en Blognatura facemos un resumo dos recursos para o Entroido 2019. Sen esquecer os que temos na Biblioteca de Voz Natura do 2017 e o 2018, por non ir maís atrás no tempo.

Comezamos como sempre pola páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística  que ano tras ano ven actualizando os recursos, e, como novidade, incluimos a excelente recopilación de 75 recursos para o entroido da profesora Pilar Ponte “A Profa”.

E como o maís importante para nós, ademáis do aspecto patrimonial, é a orientación ecolóxica, aquí deixamos algunhas ideas para celebrar un entroido ecolóxico: desde os habituais disfraces feitos con materiais reciclados até a formación de comparsas con claro mensaxe ecolóxico tanto nos disfraces como nas letras das cancións.

Como exemplo, o carnaval polas rúas que celebrou a EEI de Bairronovo en Arteixo, toda unha comparsa Voz Natura!

ojd