Ocean of plastics

avatar Escrito por blogmaestrovnat
12 de febrero de 2019 a las 0:18h

Non podemos tratar o tema dos plásticos sen referenciar o proxecto “Oceans of Plastics” promovido porlo Campus do Mar. Non en van foi un dos proxectos de divulgación científica mellor valorado pola FECYT no 2017.

Asesorados por  científicos  da Universidade de Vigo e do Instituto Español de Oceanografía un equipo de Didáctica das Ciencias coordinado polo oceanógrafo Jorge De los Bueis, adaptaron a linguaxe dos expertos á do cidadán para posteriormente plasmarse en varias unidades didácticas que están aloxadas na plataforma do proxecto e son de libre acceso.

Cos títulos tan suxerentes como  “Un mundo de plástico”, “Aditivos de plástico”, “¿Son los plásticos tóxicos?”, ou “De dónde vienen y adónde van los microplásticos”, entreoutros, e con execelentes inforgrafías e gifs animados, esta pçaxina debería entrar a formar parte do blogroll de tódolos blogs de Voz Natura en esta edición. Blognatura xa a incorporou.

Premede na imaxe para acceder a este recurso imprescindible.

 

Etiquetas: , , , ,

Deja tu comentario

ojd