O noso planeta vai o neumólogo

avatar Escrito por blogmaestrovnat
29 de enero de 2019 a las 3:33h

Onte celebrabamos o Día Mundial da Reducción das emisións de CO2, con un alto impacto nas redes sociais (#emisionesCO2). Unha data onde resaltamos a importancia dos bosques para disminuir as concentracións de dióxido de carbono na atmosfera.

Bosques que constitúen os pulmóns da Terra, especialmente os tropicais e e que o  Woods Hole Research Center (WHRC)  amosa nun un mapa físico do planeta onde o relevo está  determinado pola densidad dos bosques.

Unha imaxe definitoria da importancia dos bosques na regulación das emisións de CO2 e que está sendo monitorizada polo Woods Hole Carbon Monitoring System que permite medir e avaliar as mudanzas no carbono forestal a escala planetaria.

A boa nova é que até de agora, os cambios só se medían despois de impactos que provocan a deforestación, pero este sistema permite dar datos de pérdidas anuais asociadas con degradación, alteración ou deforestación o que permite poder avaliar accións  como o recente aumento da desforestación na selva amazónica e da a oportunidade as institucións internacionais de frear os seus efectos.

Etiquetas: , , ,

Deja tu comentario

ojd