Archivo para enero 24th, 2019

Celebrando o Día Mundial da Educación ambiental con contos.

jueves, enero 24th, 2019

Contos tradicionais, contos portugueses, contos feitos polos rapaces e rapazas,…e todo nun recuncho dun blog Voz Natura, “As hortas e os contos” do blog gañador da última edición,  e que non deixa de sorprendernos.

Unha proposta sinxela e cargada de sentido que podedes iniciar aproveitando a celebración   do Día Mundial da Educación Ambiental .

Que tal si abrides unha categoría ou unha páxina de contos no blog e enviades o conto a Blognatura para difundilo?  Un contacontos virtual?

Outras ideas que nos queirades deixar nos comentarios?

Desde Blognatura tamén celebramos este dia con letras, as da publicación do CENEAM que recolle unha selección de materiais indispensáveis para o desenvolvemento de programas e actividades de educación ambiental.

Premede na imaxe para descargalo.

 

ojd