Loita ás invasoras!

Con demasiada frecuencia lemos novas sobre a introcucción de novas plantas invasoras como a Alternanthera philoxeroides que apareceu en Fisterra e nunca fora vista na península, ou a chegada a lugares protexidos de especies tan perigosas como o plumeiro da Pampa, que xa chegou ao Caurel.

Dentro do proxecto “Os Nosos Montes” parece unha boa idea facer algunha experiencia nos blogs sobre flora invasora: un pequeno glosario de invasoras para colgar en issu, un concurso de “Caza de invasoras” nos montes próximos, unha exposición virtual…

Para facilitarnos o labor, a Sociedade Galega de Historia Natural, ven de publicar unha nova guía de plantas invasoras na nosa comunidade á que podedes acceder premendo na imaxe.

Contádenos o que facedes!