Archivo para enero, 2019

Loita ás invasoras!

jueves, enero 17th, 2019

Con demasiada frecuencia lemos novas sobre a introcucción de novas plantas invasoras como a Alternanthera philoxeroides que apareceu en Fisterra e nunca fora vista na península, ou a chegada a lugares protexidos de especies tan perigosas como o plumeiro da Pampa, que xa chegou ao Caurel.

Dentro do proxecto “Os Nosos Montes” parece unha boa idea facer algunha experiencia nos blogs sobre flora invasora: un pequeno glosario de invasoras para colgar en issu, un concurso de “Caza de invasoras” nos montes próximos, unha exposición virtual…

Para facilitarnos o labor, a Sociedade Galega de Historia Natural, ven de publicar unha nova guía de plantas invasoras na nosa comunidade á que podedes acceder premendo na imaxe.

Contádenos o que facedes!

Vista Alegre News: As abellas desde

martes, enero 15th, 2019

Unha vez máis, desde o plató das aulas de Primaria  do CEIP Vista Alegre de Burela, os nenos e nenas de 3º de Primaria relatan a vida e características das abellas.

Utilizando a técnica de croma en vídeo e  con conexións en directo ao Museo da Mel, comparten connosco este vídeo:

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Clube de lectura medioambiental

jueves, enero 10th, 2019

Un  clube de lectura é un espacio para reflexionar, intercambiar opinións, disfrutar e relacionarse  a partir da lectura de un libro, un artigo, un poema…

Sabemos da existencia de muitos clubes de lectura  xuvenís nas escolas Voz Natura e algúns infantís, estes últimos con un número menor de participantes (entre 5 e dez) e con lecturas menos extensas.

Desde Blognatura lanzamos un reto para todas as escolas, tanto as que tedes Clubes como as que non: crear un Clube de Lectura Medioambiental.

Para comenzar con unha lectura fácil  recomendamos para os mais pequenos “A árbore xenerosa” de Shel Silverstein  e para os xóvenes  ‘A evolución de Calpurnia Tate’ de  Jaqueline Kelly  ou  El jardín secreto” de  Frances Hodgson Burnett adaptado tamén ao cine.

E, para ir comenzando, no caso dos Clubes que están empezando, vos deixamos algúns conselliños.

Bibliotecas meiomabientais de Voz Natura: Que suxestións nos facedes? Deixádeas nos comentarios.

Feliz Ano desde a biblioteca do Vales Villamarín

martes, enero 8th, 2019

O blog a “Horta de Mero” é un exemplo fantástico de como un blog pode ser o fío de unión de un proxecto mediambiental totalmente intersdiciplinar.

A Biblioteca do centro actuou de punto de encontro para as  “mentes creativas”  da escola nun obradoiro de Nadal . Tapóns, botellas, vasiños de café, lá, paliños e todo o que vos poidades imaxinar para obter unha maravillosa variedade de adornos navideños.

Así que xa sabedes, comenzamos desde hoxe a gardar e reciclar, que seguro que tendes moito material de estes días que, por desgracia, se están convertindo nos menos ecolóxicos e sustentables do ano,

Non vos perdades a presentación que comparten con nós e coa que aproveitamos para desexar un 2019 mais sustentable que o 2018  que é o mismo que desexarvos, como promotores do cambio, un gran ano como educadores ambientais no que desenvolvades centos de proxectos, como o que se leva a cabo neste centro educativo Voz Natura de Betanzos.

Premede na imaxe para visitalos e desexarlles un fantástico 2019.

ojd