Hoxe é o Día Internacional da Solidaridade Humana, e desde Voz Natura queremos celebralo felicitando a tódolos proxectos solidarios que se desenvolven dentro dos proxectos Voz Natura, como «La Gran Muralla Verde» do Colexio Santa Apolonia ou «Fitas de vento», desenvolvido por catro escolas Voz Natura (EEI Cativos, EEI Arela, CPR Santa María do Mar e EEI Montealto) con dúas escolas mozambiqueñas. Nos dous proxectos téñense enviado materias escolares para sustentar proxectos educativos e ámbolos dous conseguiron desenvolver hortos escolares de xeito que as escoliñas de Senegal e Mozambique podan incorporar vexetais na dieta do seu alumnado.
Neste fin, e dentro de un plan de colaboración levado a cabo polas catro escolas galegas, a Escola Infantil de Montealto participa nun mercadiño solidario no que poñerán á venta as plantas e herbas medicinais que levan plantadas desde inicio de curso, coa colaboración veciñal a través da donación de todo tipo de plantas, macetas o e envases reciclados que serviron de macetas. Os beneficios destínanse a conservación e melloras das hortiñas (machambas) escolares nas escolas de Mozambique.
Non deixedes de acudir!
Ola susana escriboche dendo o vales villamarín de Betanzos.
Como dixeches no curso que te escribiramos a través do blogue xa ves que che fago caso.
este nadal estivemos facendo talleres de adornos navideños na biblioteca con material de refugallo, cada día un taller. Cos adornos iamos adornando a árbore e o último día cada neno/a que participou podía coller un adorno ao seu gusto. Ata a pancarta anunciando o nadal a fixemos reciclando.
un saúdo e feliz nadal.
https://ahortademero.blogspot.com/2018/12/obradoiros-de-nadal-na-biblioteca.html
Querida Belén! Bo ano para tí tamén. Inauguramos este ano cun post da Horta de Mero.Parabéns polo voso traballo!
Un bico