Archivo para noviembre 15th, 2018

16 de Novembro: Día Internacional do Patrimonio Mundial

jueves, noviembre 15th, 2018

Mañán celébrase o Día Internacional do Patrimonio Mundial.

España é o terceiro país con más bens de patrimonio nomeados pola UNESCO, polo que  a data celébrase coa entrada libre aos museos nacionais, entre outros actos.

Desde o Parque Nacional de  Ordesa a a Alhambra, pasando pola nosa benquerida Torre de Hércules, na actualidade hai  46 espazos españois inscritos na lista da UNESCO, 40 son culturais, catro naturais e dous  mixtos.

A lista  completa de bens pode consultarse  en  whc.unesco.org/en/statesparties/es

Respecto ao patrimonio inmaterial  se atopa o flamenco, a dieta mediterránea, o silbo gomero, os castells ou o último inscrito, a cidade califal de Medina Azahara.

En Galicia contamos con catro  entidades distinguidas pola Unesco como Patrimonio da Humanidade: o casco histórico de Santiago e a catedral, o Camiño de Santiago, a muralla romana de Lugo e a Torre de Hércules na Coruña.

Tamén recoñece áreas de protección como  Reservas da Biosfera. Aas Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo,  Terras do Miño, Allariz, Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerrea,  Río Eo, Oscos e Terras de Burón  e o  Parque Natural Gerês-Xurés.

Pero ainda queda muito por reivindicar: o baile tradicional, Ferrol da Ilustración, Ribeira Sacra…

Desde Blognatura convidámosvos a que levedes ao blog unha campaña de reivindicación de bens patrimonios que queredes que a UNESCO distinga.

ojd