Archivo para junio, 2018

Herbas de San Xoan para rematar o curso

miércoles, junio 20th, 2018

Desde o 2009 Amancio Castro, profesor xubilado e directivo da asociaciób Vaipolorío,  recopilou  as “receitas” do “Cacho”, que é como ese chama na zona do río Gafo, ao recipiente onde se poñen as herbas de San Xoan. Así no lo conta en La Voz de Galicia.

Herba Luisa, ruda para espantar as bruxas, fiuncho, malva de olor, romeu, herba de San xoan e até fentos, herbas mediciñais e incluso algunhas velenosas  que forman parte do patrimonio inmaterial galego e que vos animamos a difundir nas escolas nesta semana previa á celebración do San Xoan.

Premede na imaxe para coñecer a fondo as propiedades das herbas, os modos de preparación e cómo se celebra este costume ancestral na noite máis longa do ano noutras culturas.

Unha forma aromática de despedir o curso, desexándovos un bo verano no que descansedes muito e no que disfrutedes pensando nos proxectos Voz Natura que ides desenvolver no curso 18-19.

Até setembro!!

San Xoan sen plásticos

lunes, junio 18th, 2018

Desde a EkoPlaza, o primeiro supermercado con un corredor libre de envoltorios plásticos ou a pesca recreativa de plásticos patrocinada por Plastic Whale en Holanda, pasando por centos de pequenas accións das grandes compañías de alimentación, ate os mergulladores da Sociedade Galega de Historia Natural cuantificando os residuos plásticos da zona da Curuxeira en Ferrol, non cabe duda que neste ano no que a ONU advirte sobre a necesidade de disminuir o consumo de plásticos, faranse centos e actividades que deixaran pegada na Terra.

Así que, para rematar o curso, e xa que os profesores de Voz Natura somos pioneiros na reciclaxe e recollida de basuras:

Porque non celebrar un San Xoan Ecolóxico onde ademáis de recoller o que levamos as praias cada un recolla tres recipientes de plástico a maiores e os deixe nos contenedores de reciclaxe?

Múltiples formas de abarcar o proxecto: Campaña informativa nas aulas, carteis nos corredores das escolas, concurso de slogans para un San Xoan sen plásticos, publicacións nos blogs de Voz Natura…

Animádevos e contalo!!

Voluntarios ambientales

jueves, junio 14th, 2018

Preparando motores: Recursos didácticos sobre montes

martes, junio 12th, 2018

Blognatura surxíu como un apoio ao labor do profesorado participante en Voz Natura. Non só para visibilizar as boas prácticas, senon tamém para servir de repositorio de recursos didácticos.

Co curso a piques de rematar, deixamos neste post catro recursos selccionados para abordar o tema central da edición 18-19: Os Nosos Montes.

  1. Para comenzar, animar a utilizar o entorno próximo para facilitar unha aprendizaxe situada e significativa a través da elaboración de percursos didácticos polos montes. Desde a páxina de educación do Goberno Canario compartimos un bo exemplo de percurso  didáctico polo monte.
  2. Para afondar no monte veciñal, esta fantástica proposta do Museo do Pobo Galego.
  3. Se queredes sumarvos a un proxecto xa en marcha, Montentérate da Consellería do Medio Rural e do Mar e a mellor opción. Materiais moi estructurados en cinco unidades didácticas sobre os nosos montes dirixido a Primaria e ESO.

Animádevos a compartir máis recursos  sobre o monte para a biblioteca Blognatura.

Concurso ECO- IDEAS desde o Colexio Mariano de Vigo

jueves, junio 7th, 2018

Desde o Colexio Mariano de VIgo, selccionado como mellor blog nesta edición de Voz Natura,  envíannos esta FANTÁSTICA proposta acompañada de unas agarimosas palabras:

El premio que nos habéis concedido ha sido una gran satisfacción y un fuerte impulso para seguir adelante con nuestra labor.

El mes de junio es un mes “muy medio ambiental”. En esta primera semana celebramos el Día mundial del medio ambiente y el de los océanos y durante el resto del mes tenemos los días mundiales de la descontaminación acústica, el del viento, el del sol, el de la lucha contra la sequía y contra la contaminación electromagnética. Todos estos días se merecen un esfuerzo de sostenibilidad, por eso queremos ponernos a pensar cómo ser más ecológicos en nuestro día a día.
  Con ese fin, queremos proponer que compartáis con toda la comunidad Voz Natura el concurso que estamos llevando a cabo el  Concurso ECO-IDEAS. Si tienes una buena idea: ¡¡PARTICIPA!!

Una gran propuesta que os animamos a difundir como buena práctica en la blogosfera Voz Natura.

 

Stop Plástico

martes, junio 5th, 2018
 António Guterres, Secretario General de la ONU   lanza esta mensaxe no  Día Mundial do Medio Ambiente. Unha idea sixela: “Rexeita o plástico descartable. Se non podes reusalo, rehúsao. Xuntos podemos trazar o camiño hacia un planeta máis limpo e verde».
A imaxe que ilustra o comunicado é moi relevante:
Esta e outros centros de imaxes que podemos aglutinar baixo o hastag #SinContaminaciónPorPlásticos que identifica a campaña.
Que tal adicar esta semana a inundar a rede con imaxes recollidas nos nosos blogs sobre o destino destes plátsicos?
 Para saber maís sobre o Día Mundial do Medio Ambiente e a contaminación por plásticos, visitade: http://www.worldenvironmentday.global

ojd