2 de xuño: festa rachada

avatar Escrito por blogmaestrovnat
31 de mayo de 2018 a las 0:23h

 Non queda nada para vernos en Aceá da Má . A festa arranca o sábado 2 de xuño das 11:00 as 19:30.
Alí estarán tamén os  profesores e alumnos dos proxectos galardonados deste ano:
– O Premio Galicia concedido ao colexio Estudio, de Chandebrito (Nigrán), polo seu  proxecto de loita contra o lume, en plena zona cero de incendios, tanto de limpieza e reforestación como e educación e concienciación ambiental.
– Os premios provinciais para os proxectos  “Abuela Pepa” do CPR Santa Apolonia en Santiago, “Moito por descubrir” do CEIP de Seixalvo en Ourense, «Catalogación de fontes e lavadoiros de Viveiro» do IES Sarmiento en Viveiro e «Protexemos o noso patrimonio» do CEIP da Lama.
– E o excelente labor da EEI Montealto na Coruña, “ La Torre: mar y tierra ” que mereceu o premio ao mellor proxecto en Infantil.
E, como non, a profesora que coordina o mellor blog de esta edición, “A Horta de Ana” , do colexio Mariano de Vigo e os autores do mellor vídeo medioambiental, que ainda estades a tempo de definir.
E todos os proxectos estupendos que se desenvolveron durante este ano.
Unha gran festa, para grandes profesores e profesoras.
¡Alí nos vemos!!

Etiquetas: ,

Deja tu comentario

ojd