Ciencia cidadá para conservar a biodiversidade

avatar Escrito por blogmaestrovnat
22 de mayo de 2018 a las 0:58h

Hoxe  celébrase o Día Internacional da Biodiversidade Biolóxica, o 25º aniversario de esta celebración e, facendo honor á celebración de Santa Rita, poderiamos recurrir a aquel refrán que dí: “Santa Rita, Rita, Rita, o que se da non se quita”.

Desde as Nacións Unidas convídannos a resaltar os logros das medidas levadas a cabo pola Convención, , tanto nacional, como globalmente e a ollar ao futuro con esperanza así que desde Blognatura animamos á toda a Comunidade de Escolas Voz Natura a formar parte activa de este propósito, creando un pequeno proxecto de Ciencia Cidadá na Escola a partir da app creada polo Imperial College of London, Epicollect 5.

Xa temos publicado sobre este tema no blog anteriormente así que só vos queda deixar nos comentarios que proposta ides traballar.

Aquí vos deixo unha pequena infografía que nos envían os compañeiros do colexio Santa María do Mar, e que foi elaborada por un alumno dentro do proxecto  europeo educo2cean.

 

Etiquetas: , ,

Deja tu comentario

ojd