As ferias de ciencia
viernes, abril 6th, 2018Chega o bo tempo e con el a proximidade das ferias de ciencias. Desde a macro-feria do DÃa da Ciencia na Coruña até a veterana e excelente feria de ciencias do IES Porta de Agua de Ribadeo cuio propulsor, Antonio Gregorio comparte xenerosamente unha wiki Feria de ciencias na que recolle as principais ferias cientÃficas de Galicia, España e internacionais.
Na wiki, podemos encontrar non só as boas ideas de compañeiros de outros centros ou información sobre as principacias ferias cientÃficas, senón que tamén podemos encontrar interesantes recursos, documentos, tipos de montaxes etc, subidos polo propio Gegrorio ou dispoñibles na rede.
Lembramos tamén outras ferias de ciencia de centros Voz Natura como a Expociencia do Guillelme Brown en Pereiro de Aguiar, o IES Alfredo Brañas de Carballo, o IES nº 1 de Ribeira, Ciencia&CÃa do Colexio Santa MarÃa do Mar na Coruña ou a próxima Open Science do IES David Buján en Cambre na que ainda estades a tempo de apuntarvos.
O consello de cultura galega publicou tamén unha interesante publicación sobre o papel das ferias de ciencias no desenvolvemento de vocacións cientÃficas, que podedes ler aquÃ.
Grazas Antonio en nome de toda a comunidade de profesores de Voz Natura