Economía circular

avatar Escrito por blogmaestrovnat
15 de marzo de 2018 a las 3:46h

O mesmo que na Natureza, na economía circular consiste en aproveitar a maior parte dos materiais biodegradables, reducindo ao mínimo a producción e recurrindo a usos que os profesores e profesoras de Voz Natura levamos facendo muito tempo: reducir, reutilizar e reciclar cando  non sexa posible volvelos a usar.

Para a economía circular, o residuo convértese en producto, e aqueles productos que non se corresponden coas  necesidades iniciais dos consumidores, son devoltos ao circuito económico.

Así, aboga por aproveitar enerxéticamente os residuos que non se poden reciclar, encontrar novos usos aos productos non reciclables e, incluso, propón eliminar, en muitos casos, a venta de productos para implantar un sistema de alquiler de bienes de xeito que cando o producto xa non sirve para a súa función principal, retorna á empresa, que o desmonta para reutilizar as pezas válidas.

Unha idea interesante que ainda non se traballando na escola, pero que poderiamos adoptar, e de feito adoptamos, no desenvolvemento dos nosos proxectos, pero facéndoa visible.

Para ir pensando no tema, deixamos aquí un vídeo explicativo que podemos compartir co alumnado:

Etiquetas: , ,

Deja tu comentario

ojd